EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º






22/02/2016
Escollida a alternativa 3. Cun custo de 152 €. Deixo ficha de inscripción por se alguén non a ten. Debedes deixar cuberta na secretaría do cole antes do 2 de marzo. Aparte ingresar 15 € como reserva na conta da ANPA.


descarga ficha inscripción 2015-16 aquí





EXCURSIÓN SEXTO 2016

Deixo provisionalmente as propostas que enviou o albergue-fundación de educación ambiental, que leva dous anos organizando a nosa excursión se sexto, para que as poidades consultar e escoller entre tod@s a que vos pareza máis axeitada. Xa está adaptada ao que se acordou na asamblea.

Xa sabedes que as datas son 27,28,29 e 30 de xuño coa volta o 1 de xullo.

Eles pensan que a mellor é a primeira, porque insisten en que pola súa experiencia o que prefiren os rapaces son os xogos.
Insistin que as vosas preferencias eran incluir máis actividades por iso fixeron a segunda proposta, que lle parecía apretada e que tiñan que facer quendas e gardar  tempos de espera os rapaces.
Pareceume unha pena que desaparecera a piscina, e que fora todo tan apretado e substituimos actividades na horta por outro día de saída con actividades (3ª proposta), encareceuse algo porque incluía outro día de desprazamento.
Agora na vosa man está escoller cal das tres elixides a maioría. Xa sabedes que segundo eles a primeira é a mellor, pero por suposto todas estan pensadas en que sexa unha estupenda experiencia de convivencia e diversión.
Mais adiante poño a ficha de inscripción e a información das reservas.

1ª proposta


2ª proposta


3ª proposta




orzamentos (prezos)
















DEIXAMOS AS NOVIDADES DA ÚLTIMA REUNIÓN 2013

ÚLTIMA REUNIÓN

INSTRUCIÓNS PARA RESERVAR

   As datas serán o 13-14 e 15 de xuño, rematados os exames. As reservas teñen que ser este mes, porque son datas moi buscadas. Está todo previsto para que sexa seguro e divertido. Así que ánimo a ver se imos tod@s.

  Non é difícil, aínda que  o pareza para os máis inexpertos.

  Antes de nada pincha no enlace FICHA DE INSCRICIÓN. Unha vez descargado pódelo abrir e cubrir directamente.
  1. Cobre a ficha de inscrición completa agás a sinatura (iso imprimirase e asinarase ao final de curso, irán co acompañante no autobús).
  2. Gárdaa no ordenador, xa cuberta. Podes gardala onde queiras (eu aconsello o escritorio, está máis visible, por ex. se é o ordenador dunha biblioteca)) e adxúntaa por e-mail (no clip) ao enderezo alí indicado (administracion@fundacionrgf.org).
  3. Envía unha copia do e-mail (en cc escribe anpaapedra@hotmail.com) á Anpa, serviranos para ir vendo como van as reservas.
  4. Pon no asunto EXCURSIÓN 6º BUEU e o nome do alumno.
  5. Feito todo isto xa o podes enviar á empresa organizadora, ao enderezo electrónico citado no punto dous.
  6. Non esquezas facer en canto poidas o ingreso do 10%, é dicir 8€ no nº de conta indicado na ficha. La Caixa 2100 5459 74 0200080788 e no CONCEPTO Ceip A Pedra + nome e apelidos do alumno. Para validar a reserva hai que ingresar ese pequeno importe.
  A iniciativa e organizada por algunhas nais de 6º incluímos esta entrada para que vos poidades informar neste blog e que sirva como canle de comunicación.
  Nos seguintes enlaces, ademais da ficha de inscrición, podes ver o orzamento e o programa. Ambos poden sufrir pequenas modificacións.


FICHA DE INSCRICIÓN
PROGRAMA DE ACTIVIDADES               
ORZAMENTO


Ningún comentario:

Publicar un comentario