Lembrámosvos que o modelo de chándal do colexio que, en asemblea xeral da ANPA, se acordou comprar, véndese en "Xoaniña" e "Deportes Caíño", cos seguintes prezos segundo as tallas:
2-4-6: 40 €
8-10-12: 42 €
14-16-18: 44 €
SM: 48 €
25 de set. de 2012
23 de set. de 2012
Nota informativa do venres 21 de setembro
O venres 21 enviamos unha nota facendo un resumo dos servizos e actividades xestionados dende a ANPA. En calquera caso a información está incorporada as correspondentes seccións do blog.
Podedes acceder á dita nota informativa pinchando aquí.
Podedes acceder á dita nota informativa pinchando aquí.
19 de set. de 2012
Actividades de Karate e Fubito
Este curso non programamos estas actividades porque ámbalas dúas se ofertan no Pavillón Municipal de Deportes, instalación que como sabedes está ao lado do colexio.
FUBITO: A asociación ADFS Bueu ten unha escola de fútbol sala na que se poden inscribir rapaces e rapazas nacidos/as do ano 2008 en diante. Este colectivo ademais, coa colaboración das ANPAS, ten prevista a organización dunha liga local de fútbol sala entre os colexios de primaria de Bueu.
KARATE: O club de Karate que impartiu clases no colexio o ano pasado, traslada agora a súa actividade ao Pavillón Municipal. En breve colgaremos nesta páxina (sección actividades) os horarios e condicións da súa oferta.

Rifas Viaxe ao Caribe
O alumnado que foi a excursión a Barcelona o curso pasado vendeu unhas rifas de Viajes Iberia con premio ao número e serie que coindira co do sorteo da ONCE do 16/9/12. No dito sorteo saíu o número 31.509, serie 046.
18 de set. de 2012
Actividade de piscina
-->
As
persoas que desexen anotarse á actividade de PISCINA durante o curso
2012-13 deben chamar ao teléfono 690337990
(Miriam). Lembrámosvos que esta actividade desenvólvese na piscina
de Marín, tódolos mércores ás 16:30 h. Comezará o vindeiro 3 de
outubro e o número de prazas está limitado a 15 persoas.
12 de set. de 2012
Convocatoria asemblea xeral ordinaria
DÍA:
VENRES 14 DE SETEMBRO 2012
HORA:
19:45 H. en primeira convocatoria e 20:00 h. en segunda
convocatoria (se na primeira non se reúnen pais e nais suficientes).
LUGAR:
Sala Polivalente.
ORDE
DO DÍA:
PREVIO.-
Presentación do novo curso a cargo da directora do centro.
1.-
Aprobación (se procede) da acta anterior.
Para
facilitar
o
desenrolo
da
asemblea,
a
acta
estará
a
disposición
dos/as
socios/as
no blog da ANPA,
polo
que
non
se
procederá
a
súa
lectura
a
non
ser
que
alguén o solicite.
2.-
Programa de actividades, servizos e proxectos previstos para o curso
2012-2013.
3.-
Proposta de adhesión á Plataforma de asociacións de Bueu en
contra dos recortes.
4.-
Rogos e preguntas.
Todos
os pais e nais do centro podedes acudir, aínda que só os soci@s
(aqueles que pagan a cota da ANPA) poden votar nos asuntos que
precisen da aprobación da asemblea.
Documentación en relación aos asuntos:
A última acta corresponde a asemblea do 15 de xuño de 2012. Poderedes consultala no apartado "Documentos".
Con respecto ao segundo punto tendes información nas páxinas do comedor, o plan madruga e das actividades extraescolares.
O punto 3 ten relación coa invitación da Plataforma en protesta contra os recortes do goberno que se manifesta cada xoves na Praza Massó. A Plataforma naceu baixo o impulso da Asociación A Voz do Paciente de Bueu.

11 de set. de 2012
Comezo do novo curso
COMEDOR e PLAN MADRUGA funcionarán dende o 1º día de curso, o mércores 12 de setembro.
As ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES prevemos que empecen o vindeiro luns 17 de setembro.
O venres 14 de setembro, ás 20:00 h. haberá unha ASEMBLEA Xeral Ordinaria. En breve colgaremos a convocatoria no blog.
O BANCO DE LIBROS dispón de excedentes de 5º e de 6º, se alguén está interesado/a, e non é socio/a do BANCO, que se poña en contacto coa ANPA.

6 de set. de 2012
Banco de libros: reparto de lotes
A semana que vén empezaremos a repartir os lotes de libros aos socios/as do BANCO DE LIBROS. Por favor, acudide a recoller os libros de texto dos vosos fillos e fillas ao colexio a partir das 20:00 h. e nos seguintes turnos:
CURSOS 3º e 4º: LUNS 10 DE SETEMBRO
CURSOS 5º e 6º: MARTES 11 DE SETEMBRO
CURSOS 3º e 4º: LUNS 10 DE SETEMBRO
CURSOS 5º e 6º: MARTES 11 DE SETEMBRO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)