Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

CABALGATA DOS REIS MAGOS

Coma en anos anteriores, a ANPA vai participar na construción das carrozas que transportarán aos Reis Magos de Oriente o vindeiro 5 de xaneiro polas rúas do pobo. Aqueles pais e nais que queiran colaborar deben comunicalo ao teléfono ou ao mail da ANPA e, se poden, acudir á primeira xuntanza que vai ter lugar o VENRES 21 DE DECEMBRO ás 17:00 h. no local onde se fabricarán as carrozas (un baixo na rúa CANIBELOS). Lembrámosvos que as fillas e fillos dos pais/nais poderán, se o desexan, acompañar aos Reis Magos no seu transporte o día do desfile. E ste ano a idea é que sexan as distintas ANPAS dos colexios de Bueu as que se encarguen das carrozas, de xeito que t raballaremos todos nas de todos, para aproveitar recursos materiais e humanos.

ASEMBLEA VENRES 14 DE DECEMBRO

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA DO CEIP “A PEDRA” DE BUEU DÍA: VENRES 14 DE DECEMBRO DO 2012 HORA: 20:15 h. en primeira convocatoria e 20:30 h. en segunda convocatoria (se na primeira non se reúnen pais suficientes) LUGAR: Nova Sala Polivalente do Centro CEIP “A Pedra” ORDE DO DÍA: 1.- Lectura e aprobación (se procede) das actas anteriores (pódense consultar as actas nos enlaces de embaixo). 2.- Informe do presidente. Novos cargos da xunta directiva. 3.- Informe económico e aprobación (se procede) do curso 2012-2013. 4.- Información do Plan Madruga e Comedor Escolar. 5.- Rogos e preguntas. ACTA DA ASEMBLEA DO 11/5/12 ACTA DA ASEMBLEA DO 14/9/12

Menú decembro

Xa se pode consultar o menú do comedor para o mes de decembro. Desculpade a demora en subilo.

APAGÓN CONTRA OS RECORTES

--> Venres 30 de novembro 20:00 h. Praza Massó A asemblea xeral da ANPA do pasado 14 de setembro decidiu adherirse a Alianza Social de Bueu, plataforma de protesta formada por colectivos do pobo sensibilizados coa problemática dos recortes nos servizos públicos; recortes que afectan tamén ao ensino e polo tanto ao dereito á educación dos nosos fillos e fillas. En consecuencia, animámosvos a participar na acción de protesta que vai ter lugar o vindeiro venres 30 de novembro, apagando as luces da casa de 20:00 a 21:00 h. e acudindo á concentración na Praza Massó ás 20:00 h. provistos de VELAS que se acenderán simbolicamente para tratar de iluminar o incerto futuro que nos agarda. --> CARTEL DA CONVOCATORIA

A PROTESTA DOS CALDEIROS DEU RESULTADO

Hai un par de semanas os medios de comunicación fixéronse eco da protesta dos caldeiros que idearamos para tratar de chamar a atención das autoridades educativas sobre os graves problemas que padecía o centro e que eran, basicamente: as goteiras no ximnasio e no vestíbulo de entrada, as filtracións de auga no deposito de combustible da calefacción, o enganche, que faltaba, do sistema contra incendios á rede de auga municipal, e o ascensor, que non funcionaba. A resposta dos medios foi sorprendente. Os caldeiros chamaron a atención incluso de canles de televisión de ámbito nacional. O interese que demostraron só foi superado pola celeridade coa que a Consellería de Educación se puxo a arranxar os problemas; ao día seguinte do da aparición na prensa dos caldeiros xa había un par de empresas chamando ao colexio para empezar a traballar. Dende logo congratulámonos da rapidez coa que a administración deu resposta as nosas demandas, aínda que non podemos deixar de ser c

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

En total votaron 74 nais e pais. Tralo reconto das papeletas, as persoas que saíron elixidas para formar parte do Consello Escolar foron Xabier Framil Barreiro e Mª Dolores Docampo Diéguez.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro martes 27 de novembro son as eleccións ao Consello Escolar do centro, órgano no que ademais da ANPA están directamente representados os pais e as nais do alumnado a través dos/as candidatos/as que saian elixidos/as. No enlace de embaixo tendes toda a información sobre o proceso e os nomes dos candidatos/as que se presentan. --> ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR -->

Programa Medrando á par (antigo Preescolar na casa)

O programa Medrando á par ven a substituír ao desaparecido Preescolar na casa, que ofertaba directamente a Xunta de Galicia de maneira gratuíta. O actual programa ofértao unha asociación de carácter educativo e ten un custo de 30 € ao trimestre. A presentación do programa terá lugar no colexio o luns 12 de novembro ás 16:00 h. Se necesitades máis información podedes poñervos en contacto con Maite a través do teléfono 676 879 528 ou do correo electrónico medrandoapar@gmail.com No enlace de embaixo podedes acceder á carta de presentación do programa por parte da Asociación Medrando á par. Carta de presentación do programa

MAGOSTO-SAMAÍN

¡A VER SE VAI DESTA! Venres 9 de novembro 17:00 h. Praza Massó A Federación das ANPA de Bueu (constituída por tódalas ANPA dos colexios do pobo) intentará organizar outro ano máis un MAGOSTO-SAMAÍN o vindeiro venres 9 de novembro, a partir das 17:00 h., na Praza Massó. Os pais e nais que desexen colaborar na preparación da festa (sobre todo para picar as castañas) poden achegarse sobre as 16:00 h. Haberá actividades de animación para os rapaces e rapazas e castañas para todos. Se Se inda queda algunha, tamén faremos a tradicional exposición coas CABAZAS DE SAMAÍN que traiades. En caso de moi mal tempo volveremos cambiar de día. Se tendes dúbidas podedes consultar o blog da ANPA da Pedra se se fai ou non. Colabora na organización o Concello de Bueu.

MENÚ NOVEMBRO

Xa podes consultar o menú do mes de novembro na páxina do COMEDOR. Desculpade a demora en subilo.

XVII CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO. II MEMORIAL PACO CABANILLAS.

   O Club de atletismo "Corredoiras" de Bueu organiza o vindeiro domingo 11 de novembro a tradicional carreira de San Martiño. Os rapaces e as rapazas poden anotarse directamente no colexio (en Infantil levaron unha folla a casa para que lla cubrades). Tende en conta que este ano non se permite a inscrición o mesmo día da proba.    O domingo, a ANPA vai colaborar co club repartindo os dorsais aos participantes do colexio.    Sería interesante que os nenos e nenas inscritos/as levaran a camiseta ou o chándal do centro se é posible.    Embaixo deixámosvos un enlace onde podedes consultar tódolos detalles desta proba deportiva. --> CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO 2012

Ao final houbo que tirar a toalla

Intentámolo, pero a chuvia non nos deixou. O MAGOSTO SAMAÍN aprázase ata o venres 9 de novembro , á mesma hora (17:00 h.), se o tempo nolo permite. Sentímolo.

¡FAISE O MAGOSTO-SAMAÍN!

Por se tiñades dúbidas, confirmámosvos que o MAGOSTO-SAMAÍN previsto para hoxe a partir das 5 da tarde, VAI ADIANTE, así que animádesvos e baixade á Praza Massó. Lembrámosvos que haberá xogos e activades para rapaces e rapazas, e castañas asadas para pequenos e maiores. Federación das ANPAS de Bueu.

Nota informativa 29/10/12

Nesta nota informabamos entre outras cousas do MAGOSTO-SAMAÍN do venres 2 de novembro, e das novidades en relación coas actividades extraescolares. Podedes consultala nas seguintes ligazóns: 1ª páxina da nota 2ª páxina da nota

MAGOSTO-SAMAÍN 2012

Adiantámosvos que o venres 2 de novembro imos celebrar o xa tradicional MAGOSTO-SAMAÍN das ANPAS na Praza Massó, a partir das 17:00 h. Os pais e nais que queiran colaborar (sobre todo para picar as castañas), poden achegarse a partir das 16:00 h. A principios da semana que vén enviaremos unha nota con máis detalles.

Nota informativa 26/10/12

O venres 26 de outubro enviamos unha nota en relación a unha serie de medidas de protesta que imos poñer en marcha para tratar de que a Xunta nos arranxe os graves problemas de construción que aínda padece o centro (goteiras no ximnasio novo, ascensor "morto", etc.). Pinchade no vínculo de embaixo para acceder á nota. --> NOTA INFORMATIVA ARRANXOS COLEXIO Non esquecervos de mandar os caldeiros!!!

Nota informativa do luns 8 de outubro

Podedes descargar na ligazón de embaixo a nota que mandamos hoxe ao respecto dos últimos cambios en relación ás actividades extraescolares. --> NOTA INFORMATIVA

Adhesión á Plataforma en contra dos recortes

A asemblea xeral da ANPA do pasado 14 de setembro, aprobou adherirse á Plataforma na que se integran varias asociacións de Bueu para protestar polos recortes sociais impostos dende o goberno coa escusa da crise económica. Lembrámosvos que estes recortes afectan directamente, ademais de a outras moitas cousas, á calidade da escola pública. A Plataforma organiza unha concentración semanal tódolos xoves na Praza Massó, ás 20:30 h.

Inglés Nativo

Despois de sufrir algúns cambios de horario sobre o plan inicial, a actividade de Inglés Nativo queda como segue como segue: Martes e Xoves de 4 a 5----1º e 2º de Primaria (15 €/mes). Martes e Xoves de 5 a 6----3º a 6º de Primaria (15 €/mes). Mércores de 4 a 5----------- 3º a 6º Primaria (10 €/mes). Mércores de 5 a 6-----------1º e 2º de Primaria (10 €/mes). Lembrámosvos que os contidos da actividade adaptaranse a idade dos rapaces e rapazas, de acordo co seguinte criterio: 1º e 2º de primaria: xogos e cancións en inglés. 3º a 6º de primaria: conversación en inglés. As inscricións fanse a través do teléfono: 630-988-227 (Aracely), ou do correo electrónico osdinosabios@hotmail.com . 10 prazas por grupo. Os prezos que se consignan enriba son só para socios e socias da ANPA.

Chándal do colexio

Lembrámosvos que o modelo de chándal do colexio que, en asemblea xeral da ANPA, se acordou comprar, véndese en "Xoaniña" e "Deportes Caíño", cos seguintes prezos segundo as tallas:  2-4-6: 40 € 8-10-12: 42 € 14-16-18: 44 € SM: 48 €

Nota informativa do venres 21 de setembro

O venres 21 enviamos unha nota facendo un resumo dos servizos e actividades xestionados dende a ANPA. En calquera caso a información está incorporada as correspondentes seccións do blog. Podedes acceder á dita nota informativa pinchando aquí.

Actividades de Karate e Fubito

Este curso non programamos estas actividades porque ámbalas dúas se ofertan no Pavillón Municipal de Deportes, instalación que como sabedes está ao lado do colexio. FUBITO: A asociación ADFS Bueu ten unha escola de fútbol sala na que se poden inscribir rapaces e rapazas nacidos/as do ano 2008 en diante. Este colectivo ademais, coa colaboración das ANPAS, ten prevista a organización dunha liga local de fútbol sala entre os colexios de primaria de Bueu. KARATE: O club de Karate que impartiu clases no colexio o ano pasado, traslada agora a súa actividade ao Pavillón Municipal. En breve colgaremos nesta páxina (sección actividades) os horarios e condicións da súa oferta.

Rifas Viaxe ao Caribe

O alumnado que foi a excursión a Barcelona o curso pasado vendeu unhas rifas de Viajes Iberia con premio ao número e serie que coindira co do sorteo da ONCE do 16/9/12. No dito sorteo saíu o número 31.509, serie 046.

Actividade de piscina

--> As persoas que desexen anotarse á actividade de PISCINA durante o curso 2012-13 deben chamar ao teléfono 690337990 (Miriam). Lembrámosvos que esta actividade desenvólvese na piscina de Marín, tódolos mércores ás 16:30 h. Comezará o vindeiro 3 de outubro e o número de prazas está limitado a 15 persoas.

Convocatoria asemblea xeral ordinaria

DÍA: VENRES 14 DE SETEMBRO 2012 HORA: 19:45 H. en primeira convocatoria e 20:00 h. en segunda convocatoria (se na primeira non se reúnen pais e nais suficientes). LUGAR : Sala Polivalente. ORDE DO DÍA: PREVIO.- Presentación do novo curso a cargo da directora do centro. 1.- Aprobación (se procede) da acta anterior. Para facilitar o desenrolo da asemblea, a acta estará a disposición dos/as socios/as no blog da ANPA , polo que non se procederá a súa lectura a non ser que alguén o solicite. 2.- Programa de actividades, servizos e proxectos previstos para o curso 2012-2013. 3.- Proposta de adhesión á Plataforma de asociacións de Bueu en contra dos recortes. 4.- Rogos e preguntas. Todos os pais e nais do centro podedes acudir, aínda que só os soci@s (aqueles que pagan a cota da ANPA) poden votar nos asuntos que precisen da aprobación da asemblea. Documentación en relación aos asuntos: A última acta corresponde a asemblea do 15 de xu

Nota informativa 12/9/12

LIGAZÓN Á NOTA INFORMATIVA

Comezo do novo curso

COMEDOR e PLAN MADRUGA funcionarán dende o 1º día de curso, o mércores 12 de setembro. As ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES prevemos que empecen o vindeiro luns 17 de setembro. O venres 14 de setembro, ás 20:00 h. haberá unha ASEMBLEA Xeral Ordinaria. En breve colgaremos a convocatoria no blog. O BANCO DE LIBROS dispón de excedentes de 5º e de 6º, se alguén está interesado/a, e non é socio/a do BANCO, que se poña en contacto coa ANPA.

Banco de libros: reparto de lotes

A semana que vén empezaremos a repartir os lotes de libros aos socios/as do BANCO DE LIBROS. Por favor, acudide a recoller os libros de texto dos vosos fillos e fillas ao colexio a partir das 20:00 h. e nos seguintes turnos: CURSOS 3º e 4º: LUNS 10 DE SETEMBRO CURSOS 5º e 6º: MARTES 11 DE SETEMBRO

WEB DO COLEXIO

Nestes días estanos a chamar algunha xente queixándose de que non atopan o listado dos libros na páxina do colexio. Seguramente isto ocorría porque ían á web vella. Deixámovos a ligazón á web actual, a través da que poderedes acceder tanto ao listado de libros para o curso que vén coma a outra información de interese. LIGAZÓN: www.edu.xunta.es/centros/ceipapedra/

ASEMBLEA XERAL FIN DE CURSO 11-12

Consulta nos enlaces de embaixo a convocatoria da asemblea, a acta reunión (lembrade que non se vai ler o documento para axilizar a cousa, inda que se preguntará se hai algo que comentar) e o balance económico. CONVOCATORIA ASEMBLEA DO 15 DE XUÑO DE 2012 ACTA DA ÚLTIMA ASEMBLEA (2/12/2011) BALANCE ECONÓMICO FIN DE CURSO

RESUMO DO FUNCIONAMENTO DO BANCO DE LIBROS

 Pincha no enlace de embaixo: RESUMO FUNCIONAMENTO BANCO DE LIBROS

Intinerario excursión Barcelona

Acabamos de colgar na pestana da excursión a previsión de actividades que van facer os nenos/as en Barcelona.

POSTA EN MARCHA DO BANCO DE LIBROS

Podedes ver aquí a explicación do funcionamento do banco, descrito de maneira detallada. Necesitamos que as persoas que estean potecialmente interesadas en participar neste sistema nolo fagan saber cubrindo a ficha que se achega. Descarga os documentos: EXPLICACIÓN DO FUNCIONAMENTO DO BANCO FICHA DE SOLICITUDE

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Accede ao documento informativo pinchando  AQUÍ

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ANPA DO CEIP “A PEDRA” DE BUEU

DÍA: VENRES 11 DE MAIO 2012 HORA: 20:15. en primeira convocatoria e 20:30 h. en segunda convocatoria (se na primeira non se reúnen pais e nais suficientes) LUGAR : Sala Polivalente. ORDE DO DÍA: 1º.- Lectura e aprobación (se procede) da Acta anterior. (Para facilitar o  desenvolvemento  da asemblea, a acta está a disposición dos socios na ligazón de embaixo , polo que non se procederá a súa lectura a no ser que algún asistente o solicite) 2º.- EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO, proposta da xunta directiva para continuar coa xestión nos vindeiros anos. Informe do Presidente 2011-2012. 3º.- BANCO DE LIBROS. Proposta da Xunta directiva para a súa creación. Solicitude de colaboración dos socios para levar adiante este proxecto. ----> Documento informativo pinchando  AQUÍ 4º.- COMEDOR ESCOLAR, autorización da asemblea a xunta directiva para solicitar as axuda

EXCURSIÓN 3º CICLO

Acabamos de actualizar o control de pagamentos; consultádeo na pestana da excursión. Lembrámosvos que o martes 8 hai unha reunión no colexio para falar da excursión.

Cambios puntuais no menú de abril

Transcribimos o mail que nos acaba de enviar o catering: Estimados clientes; O vindeiro luns 16 de Abril, segundo a planilla do menú deste mes, temos de sobremesa Froita Ecolóxica. Por causa da maduración do froito vémonos na necesidade de pospoñela ata o seguinte Luns 23 de Abril. No seu lugar, servirase froita normal. Asimesmo, os días 17 e 24 de Marzo, sustituirase o segundo prato, por o seguintes: 17/03 - Pescada en salsa verde con hortalizas. 24/03 - Atún en salsa con hortalizas (Verduras e pataca) Rogamos disculpedes as molestias e agradecemos de antemán a vosa comprensión. Un saúdo

PAGAMENTOS EXCURSIÓN DE 3º CICLO

Actualizamos a táboa de pagamentos, consultádeo na pestana da excursión.

PAGAMENTOS EXCURSIÓN 3º CICLO

Xa podedes consultar os datos na pestana da excursión.

MENÚ MARZO XA DISPOÑIBLE

Podedes velo coma sempre na páxina do comedor

Entroido

Coma xa fixo o ano pasado, a ANPA vai participar  no desfile infantil "Enterriño da sardiña", organizado polo Concello o mércores 22 de febreiro.    O grupo da ANPA comporano tódolos rapaces e rapazas que queiran vir co disfrazo de Entroido que confeccionaron no colexio, e máis unha carroza que prepararemos coa axuda dos pais e das nais interesados en colaborar.    Á carroza poderán subir en primeiro lugar os fillos e fillas, de 3 a 5 anos (infantil) das persoas que axuden a adornar a carroza, e despois os que collan.    Estaremos coa carroza no patio do colexio o xoves 16 de 16:00 a 18:00 h., e o venres 17 a partir das 16:00 h. En caso de ter dúbidas chamade ao teléfono da ANPA ou enviade un mail.