30 de out. de 2013
FESTA DE SAMAIN
MAGOSTO-SAMAÍN DAS
ANPAS 2013
Xoves 31 de outubro ás 17:00 h., na Praza
Massó
A Federación das ANPA de Bueu (constituída por tódalas
ANPA dos colexios do pobo) organiza outro ano máis un MAGOSTO-SAMAÍN o
vindeiro xoves 31 de outubro, a partir das 17:00 h., na Praza Massó (os pais e nais que desexen colaborar na
preparación da festa, sobre todo para picar as castañas, poden achegarse ao
redor das 16:00 h).
Haberá actividades de animación
para os rapaces e rapazas, e castañas para todo o mundo.
Non vos esquezades de traer as
vosas CABAZAS DE SAMAÍN para facer a tradicional e fantasmagórica exposición no medio da praza.
Colabora na organización o
Concello de Bueu.
Nota:
Inda que dá bo tempo, se ao final empeorase, cambiariamos para o sábado 2 de
novembro á mesma hora.
28 de out. de 2013
SOBRE O EQUIPAMENTO DEPORTIVO E PARA AS SAÍDAS ESCOLARES
Aquí tendes acceso á esta apaixoante discusión. Participa!
Participa en Facebook sobre a elección do chándal
Participa en Facebook sobre a elección do chándal
14 de out. de 2013
PUBLICADA ACTA DA 1º ASAMBLEA DO CURSO 2013-2014
Na pestana DOCUMENTOS xa se pode consultar a última acta do 13 de setembro para a súa aprobación pola asamblea.
9 de out. de 2013
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN DA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Dende hoxe día 11e ata o proximo día 31 de outubro, ábrese prazo de inscrición para a excursión de fin de curso de 6º que será 13-14 e 15 de Xuño de 2014. Completa a ficha de preinscrición na pestana EXCURSIÓN DE 6º e segue as instruccións que alí figuran. ANÍMATE!!!
1 de out. de 2013
30 de set. de 2013
25 de set. de 2013
2 de xul. de 2013
REUNIÓN BANCO DE LIBROS
Está convocada unha reunión coas familias integradas no Banco de Libros para o vindeiro martes 9 de xullo, ás 20:00 h., no colexio.
21 de xuño de 2013
BANCO DE LIBROS ANPA "A PEDRA"
Os pais e nais socios do
banco
poden devolver os libros do
curso 2012-13 e realizar a
reserva para o curso 2013-14
este venres 21 de xuño de 16:00 a
18:30, na sala polivalente
. Os pais e nais que cedan
gratuitamente
os libros ó
banco de libros pódenos
entregar ese mesmo día, os
que
se anotaron ó cambio de libros
de 5º e 6º por cheque de
material
escolar recibirán un correo a
próxima semana para fixar
o
importe e a data de entrega
aos socios que ese dia non poidan
devolver os libros poden
chamar ó teléfono do
anpa 608-521-190 o
enviar un
correo
anpaapedra@hotmail.compara fixar outra data de
entrega
.
O xoves 27 de xuño ás 20:00 h.: Asemblea banco de libros na sala polivalente do C.E.I.P “A Pedra” na que se fixará:
- Cota definitiva de cada socio.
- Data limite de pago
- Achega do cheque da Xunta
- Librería de compra.
- Importe do cheque-material.
- Data entrega de libros.
Máis información e a folla de inscrición na pestana do BANCO DE LIBROS.

12 de xuño de 2013
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA
DÍA: VENRES 14 DE XUÑO 2013
HORA: 20:15 h. en primeira convocatoria
e 20.30 h. en segunda convocatoria
(se na primeira non se reúnen pais/nais
suficientes)
LUGAR: Sala Polivalente.
ORDE DO DÍA:
1- Lectura e aprobación (se procede)
da Acta anterior. (Para facilitar o desenrolo da asemblea, a acta
estará a disposición dos soci@s nos enlaces de embaixo, polo que non se
procederá a súa lectura a no ser que algún asistente o solicite).
2.- BANCO DE LIBROS. Análise do
primeiro ano de funcionamento. Proposta para o vindeiro curso. Rogos
e preguntas.
3- Informe do curso 2012-2013.
4- Renovación de cargos da Xunta
Directiva.
5- Informe económico e aprobación das
contas(se procede) do curso 2012-13.
6- Rogos e preguntas.
Todos os pais e nais do centro podedes
acudir, aínda que só os soci@s (aqueles que pagan a cota da ANPA)
poden votar nos asuntos que precisen da aprobación da asemblea.
Ao rematar a asemblea serviranse uns
"pinchos" e bebidas aos socios-as asistentes, no comedor escolar, para celebrar a
finalización do curso 2012-2013 e dar a benvida os novos
socios de
infantil e despedir os membros que para o próximo ano, os seus
fillos-as, comezan en
secundaria.
ENLACES:
ACTA 14 decembro 2012
ENLACES:
ACTA 14 decembro 2012
11 de xuño de 2013
BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA
A ANPA do IES Johán Carballeira está intentando poñer en marcha un BANCO DE LIBROS semellante ao que funciona dende o ano pasado no noso centro. As familias con alumnado que vaia para 1º da ESO podedes acudir á ASEMBLEA xeral que se celebrará o vindeiro XOVES 13 de XUÑO, ás 20:30 h., no salón de actos do instituto. É importante que acudades, ou que lle fagades saber a ANPA do voso interese polo Banco de Libros, xa que de non ter suficientes socios/as dispostos a integrarse este non poderá levarse a cabo.
Nos enlaces de embaixo tendes máis información sobre as condicións da inscrición no Banco de Libros e maila convocatoria da asemblea do xoves.
A folla di inscrición no Banco pódese entregar ata o día da asemblea.
Información e folla inscrición no Banco de Libros
Convocatoria da Asemblea Xeral da ANPA do IES J. Carballeira
Contactos da ANPA do IES J. Carballeira:
Tlf.: 698147557
Mail: anpa.johan.carballeira@gmail.com

3 de xuño de 2013
15 de maio de 2013
PROBLEMA DA FALTA DE PRAZAS NO COLEXIO
A
ANPA vén de recibir numerosas queixas por parte das familias
afectadas pola imposibilidade de obter praza no CEIP A Pedra.
A
elección do CEIP A PEDRA está motivada sobre todo por necesidades
de conciliación da vida familiar e laboral cuxa concorrencia
converte a imposición doutro centro nun prexuízo insuperable con
consecuencias tanto sociais como económicas para as familias.
A ASEMBLEA DECIDE QUE SIGA A ANPA CO COMEDOR
A asemblea xeral da ANPA A Pedra, reunida o 14 de maio, decidiu por unanimidade dos asistentes rexeitar a oferta da Xunta de asumir a xestión do comedor escolar e seguir facéndoo a ANPA como ata o de agora.
Á hora de tomar esta decisión, os pais e nais valoraron sobre todo a necesidade de poder garantir a existencia de prazas suficientes para poder cubrir tanto a demanda actual coma a potencial do servizo, estremo este que a Xunta deixaba no aire, non comprometendo máis que corenta prazas.

12 de maio de 2013
A XUNTA QUERE XESTIONAR O COMEDOR DA PEDRA
O
vindeiro martes 14 de maio, ás 20:30 h., a ANPA A Pedra convoca unha
reunión extraordinaria e urxente para decidir se acepta ou
rexeita a oferta da Consellería de Educación de asumir a xestión
do comedor escolar posto en marcha pola asociación de nais e
pais no ano 2010.
Hai
un par de semanas, a Consellería enviou un escrito ás ANPA que
xestionaban comedores escolares con menos de 90 usuarios/as, para
convocalos a unha reunión, o 26 de abril, na que se lles propuxo o
traspaso da xestión ás mans da Xunta.
A
ANPA impulsou no seu momento o comedor escolar porque non
había quen o fixera, pero
10 de maio de 2013
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA E URXENTE
DÍA: MARTES
14 DE MAIO 2013.
HORA: 20:15 h.
en primeira convocatoria e 20.30 h. en segunda
convocatoria (se na primeira non se reúnen nais e pais
suficientes).
LUGAR: Sala
Polivalente.
ORDE DO DÍA:
PUNTO
ÚNICO.- Aceptación ou rexeitamento da proposta da Consellería de
Educación de asumir a xestión do comedor escolar.
Nota:
Dada a transcendencia da decisión que se adopte para o futuro do
comedor escolar pregámosvos a máxima participación na asemblea.
Pódense consultar os detalles da proposta da Consellería nas ligazóns de embaixo. A documentación tamén estará exposta no taboleiro de
anuncios do colexio.
Carta da Consellería convocando á ANPA a unha reunión
Documentación presentada na reunión
Resumo da proposta da Consellería
7 de maio de 2013
1º TORNEO ESCOLAR “PRIMAVEIRA” DE BALONMÁN NAS CATEGORÍAS BENXAMÍNS E ALEVÍNS
O Bueu
Atlético Balonmán, coa colaboración da ANPA A Pedra, organiza un
torneo escolar de balonmán para rapaces e rapazas nacidos/as nos
anos 2001 a 2005. Colexios
participantes: CEIP A PEDRA, CEIP DE BELUSO, CEIP DE CELA, COLEXIO
VIRXE MILAGROSA, CEIP DE ARDÁN E CEIP DE SEIXO. O torneo
desenvolverase nos pavillóns municipais de Bueu e Beluso. OS EQUIPOS PODEN SER MIXTOS.
IDADES: Benxamín (anos 2003, 2004, 2005).
Alevíns (anos 2001, 2002).
INSTRUCIÓNS
-
Os rapaces e rapazas anotados/as no torneo deberán acudir o día de
cada partido ao PAVILLÓN MUNICIPAL DE BUEU 45 minutos antes
da hora do partido, onde se fará cargo deles/as unha monitora do
Bueu Atlético Balonmán.
-
A recollida dos rapaces/zas por parte das familias será 45
minutos despois da hora do partido.
-
Na 4ª xornada os equipos de A Pedra xogan no PAVILLÓN DE BELUSO. O
Bueu Atlético Balonmán encargarase de trasladar aos xogadores/as.
As familias que prefiran trasladalos polos seus medios deben
comunicarllo ao Bueu atlético Balonmán.
-
Os rapaces/zas deben traer a camiseta do colexio ou, se non lles é
posible, unha camiseta vermella.
- En caso de dúbidas chamar aos teléfonos 600028161(Club Balonmán)
ou 608521190 (ANPA).
CALENDARIO DE PARTIDOS DOS EQUIPOS DE A PEDRA (as horas indican o comezo dos partidos, lembrade que hai que estar no pavillón de Bueu 45 minutos antes). 1ª XORNADA (venres 10 de maio) Xeixo-A Pedra (Pavillón Bueu)
BENXAMÍNS ás 19:00 ALEVÍNS non xogan
2ª
XORNADA (xoves 23 de maio) A Pedra- A Torre (Pavillón Bueu)
BENXAMÍNS ás 17:00 ALEVÍNS ás 17:45
3ª
XORNADA (xoves 30 de maio) Ardán-A Pedra (Pavillón Bueu)
BENXAMÍNS ás 17:00 ALEVÍNS ás 17:45
4ª
XORNADA (venres 7 de xuño) A Pedra-Montemogos (Pavillón Beluso)
BENXAMÍNS ás 17:00 ALEVÍNS ás 17:45
5ª
XORNADA (xoves 13 de xuño) Virxe M.-A Pedra (Pavillón Bueu)
6 de maio de 2013
FOLGA XERAL DO 9 DE MAIO

A
asemblea da ANPA A Pedra, reunida o pasado 26 de abril, decidiu
apoiar a convocatoria de folga xeral no ensino público en contra da
aprobación da nova lei de educación (LOMCE). A xornada de
folga será o vindeiro XOVES 9 DE MAIO e están previstas
concentracións e actos de protesta en moitas vilas e cidades
galegas, ás máis próximas serán en Pontevedra e Vigo, ás 11:30
h., e en Cangas aś 19:00 h.
Nos enlaces de embaixo podedes acceder a máis detalles sobre as
manifestacións e tamén informarvos dos motivos que levan a
maioría das organizacións sindicais, ANPAS e en xeral colectivos
preocupados pola calidade do ensino público, a rexeitar un
anteproxecto de lei que supón un RETROCESO de máis de
corenta anos en materia de calidade e dignidade educativa,
instaurando un modelo de ensino segregador, elitista, adoutrinador,
clasista e recentralizador.
--> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es
--> www.stegsindicato.org
--> www.cig-ensino.com
--> www.ccooensino.net
--> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es
--> www.stegsindicato.org
--> www.cig-ensino.com
--> www.ccooensino.net
25 de abr. de 2013
CONVOCATORIA DA ASEMBLEA DO 26 DE ABRIL
Podedes descargar aquí o texto da convocatoria:
--> Convocatoria
En relación ao tema da folga do día 9 de maio, deixamos os seguintes enlaces a páxinas dalgunhas entidades convocantes para que poidades informarvos:
--> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es
--> www.stegsindicato.org
--> www.cig-ensino.com
--> www.ccooensino.net
--> Convocatoria
En relación ao tema da folga do día 9 de maio, deixamos os seguintes enlaces a páxinas dalgunhas entidades convocantes para que poidades informarvos:
--> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es
--> www.stegsindicato.org
--> www.cig-ensino.com
--> www.ccooensino.net
23 de abr. de 2013
ASEMBLEA O VENRES 26 DE ABRIL
Estes días enviarémosvos a convocatoria da asemblea de socios/as prevista para o vindeiro venres 26 ás 20:30 horas. Entre outras cousas falaremos de:
- Banco de libros para o vindeiro curso.
- Folga do día 9 de maio.
- Comedor escolar.
En relación ao comedor, acabamos de recibir un comunicado da Xunta no que se nos indica que a ANPA da Pedra foi preseleccionada no marco dun proceso de asuncións, por parte da Consellería de Educación, de comedores escolares xestionados por asociacións de nais e pais. O venres a ANPA está convocada a unha reunión en Santiago para tratar este tema, así que vos poderemos dar conta do resultado ese mesmo día na asemblea.

16 de abr. de 2013
BANCO DE LIBROS
Vai empezar a funcionar o Banco de libros para o curso que vén. Estes días os/as rapaces/zas levarán á casa a folla informativa e de inscrición que podedes descargar no enlace de embaixo.
BANCO DE LIBROS DA ANPA A PEDRA
BANCO DE LIBROS DA ANPA A PEDRA
GOTEIRAS E ASCENSOR
Os caldeiros non foron bastante, a auga campou ás súas anchas nas novas
instalacións do colexio, ameazando con afectar a
equipamentos e persoas.
Hai un par de semanas remitimos un escrito á Consellería de Educación onde ademais de lembrarlle o seu compromiso de poñer en marcha o ascensor (aínda sen estrear), facíase fincapé en que había que resolver o problema das goteiras.
Con respecto ás goteiras hai que dicir que a Consellería arranxou as do ximnasio, pero na parte nova do edificio a situación agravouse nos últimos meses, chegando a ser totalmente insostible, con auga caendo sobre a Secretaría, enriba de ordenadores, impresoras, documentación...
Diante da falta de resposta por parte da administración decidimos enviar un comunicado á prensa o xoves pasado, e onte xa empezaron a traballar na cuberta para arranxar o problema.
Agora falta o tema do ascensor. Dende a ANPA parécenos que ten que empezar a funcionar xa, así que nos próximos días iniciaremos unha campaña de presión para que este asunto non quede aparcado.
Escrito enviado á Consellería de Educación

2 de abr. de 2013
MEŃU ABRIL
Xa o tendes dispoñible na páxina do comedor. Esta vez subimos os tres menús comprimidos nun arquivo formato zip ao que podedes acceder pinchando en "MENÚS ABRIL".
28 de feb. de 2013
17 de xan. de 2013
DESFILE ENTERRIÑO DA SARDIÑA ENTROIDO 2013
A ANPA vai participar
na construción das carrozas que van tomar parte no desfile infantil
do Entroido, o Enterriño da Sardiña, que
vai ter lugar o vindeiro mércores 13 de febreiro.
Aqueles pais e nais
que queiran colaborar deben comunicalo ao teléfono ou ao mail da
ANPA e, se poden, acudir á primeira xuntanza que vai ter lugar o
VENRES 1 DE FEBREIRO ás 17:30 h. no local onde se fabricarán as
carrozas (un baixo na rúa CANIBELOS).
Nas carrozas irán
preferentemente os fillos/fillas dos pais/nais que colaboren na
construción das mesmas e que sexan de Educación Infantil ou 1º de
Primaria.
Non obstante, a
invitación para colaborar faise extensible a todos/as porque no
grupo da ANPA irán tamén rapaces e rapazas (e maiores) a pé,
convenientemente disfrazados/as do xeito que se comunicará máis
adiante. Deste forma a ANPA espera poder ser merecedora dun dos
premios que recompensan a participación no desfile.
10 de xan. de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)