FESTA DE SAMAIN
MAGOSTO-SAMAÍN DAS
ANPAS 2013
Xoves 31 de outubro ás 17:00 h., na Praza
Massó
A Federación das ANPA de Bueu (constituída por tódalas
ANPA dos colexios do pobo) organiza outro ano máis un MAGOSTO-SAMAÍN o
vindeiro xoves 31 de outubro, a partir das 17:00 h., na Praza Massó (os pais e nais que desexen colaborar na
preparación da festa, sobre todo para picar as castañas, poden achegarse ao
redor das 16:00 h).
Haberá actividades de animación
para os rapaces e rapazas, e castañas para todo o mundo.
Non vos esquezades de traer as
vosas CABAZAS DE SAMAÍN para facer a tradicional e fantasmagórica exposición no medio da praza.
Colabora na organización o
Concello de Bueu.
Nota:
Inda que dá bo tempo, se ao final empeorase, cambiariamos para o sábado 2 de
novembro á mesma hora.
Comentarios
Publicar un comentario