Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2013

BANCO DE LIBROS ANPA "A PEDRA"

Os pais e nais socios do banco poden devolver os libros do curso 2012-13 e realizar a reserva para o curso 2013-14 este venres 21 de xuño de 16:00 a 18:30, na sala polivalente . Os pais e nais que cedan gratuitamente os libros ó banco de libros pódenos entregar ese mesmo día, os que se anotaron ó cambio de libros de 5º e 6º por cheque de material escolar recibirán un correo a próxima semana para fixar o importe e a data de entrega aos socios que ese dia non poidan devolver os libros poden chamar ó teléfono do anpa 608-521-190 o enviar un correo anpaapedra@ hotmail.com para fixar outra data de entrega . O xoves 27 de xuño ás 20:00 h.: Asemblea banco de libros na sala polivalente do C.E.I.P “A Pedra” na que se fixará: - Cota definitiva de cada socio. - Data limite de pago - Achega do cheque da Xunta - Librería de compra. - Importe do cheque-material. - Data entrega de libros. Máis información e a folla de inscrición na pestana do BANCO DE LIBROS.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA

DÍA: VENRES 14 DE XUÑO 2013 HORA: 20:15 h. en primeira convocatoria e 20.30 h. en segunda convocatoria (se na primeira non se reúnen pais/nais suficientes) LUGAR: Sala Polivalente. ORDE DO DÍA: 1- Lectura e aprobación (se procede) da Acta anterior. (Para facilitar o desenrolo da asemblea, a acta estará a disposición dos soci@s nos enlaces de embaixo, polo que non se procederá a súa lectura a no ser que algún asistente o solicite). 2.- BANCO DE LIBROS. Análise do primeiro ano de funcionamento. Proposta para o vindeiro curso. Rogos e preguntas. 3- Informe do curso 2012-2013. 4- Renovación de cargos da Xunta Directiva. 5- Informe económico e aprobación das contas(se procede) do curso 2012-13. 6- Rogos e preguntas. Todos os pais e nais do centro podedes acudir, aínda que só os soci@s (aqueles que pagan a cota da ANPA) poden votar nos asuntos que precisen da aprobación da asemblea. Ao rematar a asemblea serviranse uns "pinchos

BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA

Imaxe
A ANPA do IES Johán Carballeira está intentando poñer en marcha un BANCO DE LIBROS semellante ao que funciona dende o ano pasado no noso centro. As familias con alumnado que vaia para 1º da ESO podedes acudir á ASEMBLEA xeral que se celebrará o vindeiro XOVES 13 de XUÑO, ás 20:30 h., no salón de actos do instituto. É importante que acudades, ou que lle fagades saber a ANPA do voso interese polo Banco de Libros, xa que de non ter suficientes socios/as dispostos a integrarse este non poderá levarse a cabo. Nos enlaces de embaixo tendes máis información sobre as condicións da inscrición no Banco de Libros e maila convocatoria da asemblea do xoves. A folla di inscrición no Banco pódese entregar ata o día da asemblea. Información e folla inscrición no Banco de Libros Convocatoria da Asemblea Xeral da ANPA do IES J. Carballeira Contactos da ANPA do IES J. Carballeira: Tlf.: 698147557 Mail:  anpa.johan.carballeira@gmail.com

DISPOÑIBLE O MENÚ DE XUÑO

Podedes consultar xa na páxina do comedor os menús deste mes.