Os caldeiros non foron bastante, a auga campou ás súas anchas nas novas instalacións do colexio, ameazando con afectar a equipamentos e persoas. Hai un par de semanas remitimos un escrito á Consellería de Educación onde ademais de lembrarlle o seu compromiso de poñer en marcha o ascensor (aínda sen estrear), facíase fincapé en que había que resolver o problema das goteiras. Con respecto ás goteiras hai que dicir que a Consellería arranxou as do ximnasio, pero na parte nova do edificio a situación agravouse nos últimos meses, chegando a ser totalmente insostible, con auga caendo sobre a Secretaría, enriba de ordenadores, impresoras, documentación... Diante da falta de resposta por parte da administración decidimos enviar un comunicado á prensa o xoves pasado, e onte xa empezaron a traballar na cuberta para arranxar o problema. Agora falta o tema do ascensor. Dende a ANPA parécenos que ten que empezar a fun...