GOTEIRAS E ASCENSOR
Os caldeiros non foron bastante, a auga campou ás súas anchas nas novas
instalacións do colexio, ameazando con afectar a
equipamentos e persoas.
Hai un par de semanas remitimos un escrito á Consellería de Educación onde ademais de lembrarlle o seu compromiso de poñer en marcha o ascensor (aínda sen estrear), facíase fincapé en que había que resolver o problema das goteiras.
Con respecto ás goteiras hai que dicir que a Consellería arranxou as do ximnasio, pero na parte nova do edificio a situación agravouse nos últimos meses, chegando a ser totalmente insostible, con auga caendo sobre a Secretaría, enriba de ordenadores, impresoras, documentación...
Diante da falta de resposta por parte da administración decidimos enviar un comunicado á prensa o xoves pasado, e onte xa empezaron a traballar na cuberta para arranxar o problema.
Agora falta o tema do ascensor. Dende a ANPA parécenos que ten que empezar a funcionar xa, así que nos próximos días iniciaremos unha campaña de presión para que este asunto non quede aparcado.
Escrito enviado á Consellería de Educación

Comentarios
Publicar un comentario