Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2013

PROBLEMA DA FALTA DE PRAZAS NO COLEXIO

A ANPA vén de recibir numerosas queixas por parte das familias afectadas pola imposibilidade de obter praza no CEIP A Pedra. A elección do CEIP A PEDRA está motivada sobre todo por necesidades de conciliación da vida familiar e laboral cuxa concorrencia converte a imposición doutro centro nun prexuízo insuperable con consecuencias tanto sociais como económicas para as familias.

A ASEMBLEA DECIDE QUE SIGA A ANPA CO COMEDOR

A asemblea xeral da ANPA A Pedra, reunida o 14 de maio, decidiu por unanimidade dos asistentes rexeitar a oferta da Xunta de asumir a xestión do comedor escolar e seguir facéndoo a ANPA como ata o de agora. Á hora de tomar esta decisión, os pais e nais valoraron sobre todo a necesidade de poder garantir a existencia de prazas suficientes para poder cubrir tanto a demanda actual coma a potencial do servizo, estremo este que a Xunta deixaba no aire, non comprometendo máis que corenta prazas.

A XUNTA QUERE XESTIONAR O COMEDOR DA PEDRA

O vindeiro martes 14 de maio, ás 20:30 h., a ANPA A Pedra convoca unha reunión extraordinaria e urxente para decidir se acepta ou rexeita a oferta da Consellería de Educación de asumir a xestión do comedor escolar posto en marcha pola asociación de nais e pais no ano 2010. Hai un par de semanas, a Consellería enviou un escrito ás ANPA que xestionaban comedores escolares con menos de 90 usuarios/as, para convocalos a unha reunión, o 26 de abril, na que se lles propuxo o traspaso da xestión ás mans da Xunta. A ANPA impulsou no seu momento o comedor escolar porque non había quen o fixera, pero

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA E URXENTE

DÍA: MARTES 14 DE MAIO 2013. HORA: 20:15 h. en primeira convocatoria e 20.30 h. en segunda convocatoria (se na primeira non se reúnen nais e pais suficientes). LUGAR : Sala Polivalente. ORDE DO DÍA: PUNTO ÚNICO.- Aceptación ou rexeitamento da proposta da Consellería de Educación de asumir a xestión do comedor escolar. Nota: Dada a transcendencia da decisión que se adopte para o futuro do comedor escolar pregámosvos a máxima participación na asemblea. Pódense consultar os detalles da proposta da Consellería n as ligazóns de embaixo. A documentación tamén estará exposta no taboleiro de anuncios do colexio. Carta da Consellería convocando á ANPA a unha reunión Documentación presentada na reunión Resumo da proposta da Consellería

1º TORNEO ESCOLAR “PRIMAVEIRA” DE BALONMÁN NAS CATEGORÍAS BENXAMÍNS E ALEVÍNS

O Bueu Atlético Balonmán, coa colaboración da ANPA A Pedra, organiza un torneo escolar de balonmán para rapaces e rapazas nacidos/as nos anos 2001 a 2005. Colexios participantes: CEIP A PEDRA, CEIP DE BELUSO, CEIP DE CELA, COLEXIO VIRXE MILAGROSA, CEIP DE ARDÁN E CEIP DE SEIXO. O torneo desenvolverase nos pavillóns municipais de Bueu e Beluso. OS EQUIPOS PODEN SER MIXTOS. IDADES: Benxamín (anos 2003, 2004, 2005). Alevíns (anos 2001, 2002). INSTRUCIÓNS - Os rapaces e rapazas anotados/as no torneo deberán acudir o día de cada partido ao PAVILLÓN MUNICIPAL DE BUEU 45 minutos antes da hora do partido, onde se fará cargo deles/as unha monitora do Bueu Atlético Balonmán. - A recollida dos rapaces/zas por parte das familias será 45 minutos despois da hora do partido. - Na 4ª xornada os equipos de A Pedra xogan no PAVILLÓN DE BELUSO. O Bueu Atlético Balonmán encargarase de trasladar aos xogadores/as. As familias que prefiran trasladalos polos seus medios deben com

FOLGA XERAL DO 9 DE MAIO

Imaxe
A asemblea da ANPA A Pedra, reunida o pasado 26 de abril, decidiu apoiar a convocatoria de folga xeral no ensino público en contra da aprobación da nova lei de educación ( LOMCE) . A xornada de folga será o vindeiro XOVES 9 DE MAIO e están previstas concentracións e actos de protesta en moitas vilas e cidades galegas, ás máis próximas serán en Pontevedra e Vigo, ás 11:30 h., e en Cangas aś 19:00 h. Nos enlaces de embaixo podedes acceder a máis detalles sobre as manifestacións e tamén informarvos dos motivos que levan a maioría das organizacións sindicais, ANPAS e en xeral colectivos preocupados pola calidade do ensino público, a rexeitar un anteproxecto de lei que supón un RETROCESO de máis de corenta anos en materia de calidade e dignidade educativa, instaurando un modelo de ensino segregador, elitista, adoutrinador, clasista e recentralizador. --> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es --> www.stegsindicato.org --> www.cig-ensi