A asemblea convócase para as 20:15 horas do venres 2 de decembro. Nas seguintes ligazóns podedes atopar o texto da convocatoria así coma as últimas actas, correspondentes ás asembleas anteriores, e mais unha información sobre o Plan Madruga.
--> CONVOCATORIA
-->ACTA DO 21/10/2011
-->ACTA DO 16/9/2011
-->INFORME PLAN MADRUGA
30 de nov. de 2011
28 de nov. de 2011
4 de nov. de 2011
¡NOVA DATA! MAGOSTO SAMAÍN
MAGOSTO-SAMAÍN
(recortado)
¡A
ver se desta vai! O
MAGOSTO-SAMAÍN trasladase ao SÁBADO
5 DE NOVEMBRO a
partir das 17:30
h. na
Praza
do Concello.
Lembrámosvos que ademais dunha xornada lúdica tamén será
unha
oportunidade para reivindicar máis calidade e menos
recortes para o
ensino público. Actividades que vai haber:
-
Magosto.
-
Exposición
de cabazas (as que resistan).
-
Escenificación dun “enterro do ensino público”, con cadaleito
incluído. Para isto podedes traer velas e capirotes.
-
Colocación
de tesoiras xigantes polo recinto, previamente confeccionadas
nas
casas polas familias que vos animedes.
-
Obradoiros de tesoiras
e de pantasmas.
Hai que levar cartón ou cartolina para o primeiro, tea o
sabas para
o outro e tesoiras en ámbolos dous casos.
¡¡VINDE
DISFRAZADOS!!
nota:
en caso de mal tempo farémolo no patio cuberto do
colexio A Pedra.
Calquera incidencia publicarémola en tempo real na
páxina
www.concellodebueu.org
Organizan:
---------CONCELLO
DE BUEU-----------FEDERACIÓN DAS ANPA DE
BUEU------------------------
1 de nov. de 2011
31 de out. de 2011
MAGOSTO SAMAÍN SUSPENDIDO POLO MAL TEMPO
Non houbo máis remedio que deixalo para outro día, o primeiro que faga bo tempo. Estade atentos/as á nota que vos mandaremos polos vosos fillos/as. En principio contamos con facelo a final desta semana...
MAGOSTO SAMAÍN (recortado)
Coma o ano pasado, en colaboración coa federación das ANPA e o Concello, imos organizar un MAGOSTO-SAMAÍN o vindeiro luns 31 de outubro a partir das 17:00 h. na Praza do Concello. Ademais da exposición de cabazas e o reparto de castañas, realizaranse as seguintes actividades, aproveitando ao mesmo tempo a xornada lúdica para protestar polos recortes ao ensino público:
- Escenificación dun “enterro do ensino público”, con cadaleito incluído. Para isto podedes levar velas e capirotes.
- Colocación de tesoiras xigantes polo recinto, previamente confeccionadas nas casas polas familias que vos animedes.
- Obradoiros de tesoiras e de pantasmas. Hai que levar cartón ou cartolina para o primeiro, tea o sabas para o outro e tesoiras en ámbolos dous casos.
- Actuación do grupo de danzas Antoxo de Bueu.
MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO AQUÍ
- Escenificación dun “enterro do ensino público”, con cadaleito incluído. Para isto podedes levar velas e capirotes.
- Colocación de tesoiras xigantes polo recinto, previamente confeccionadas nas casas polas familias que vos animedes.
- Obradoiros de tesoiras e de pantasmas. Hai que levar cartón ou cartolina para o primeiro, tea o sabas para o outro e tesoiras en ámbolos dous casos.
- Actuación do grupo de danzas Antoxo de Bueu.
MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO AQUÍ
22 de out. de 2011
11 de out. de 2011
AMPLIACIÓN EXTRAESCOLARES
Na pestana das actividades extraescolares tendes subida a nota que levaron hoxe os/as rapaces/zas.
20 de set. de 2011
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2011-2012
Xa podedes consultar a información correspondente a este curso na pestana das actividades.
19 de set. de 2011
PLAN MADRUGA
A
ANPA está xestionando co Concello de Bueu a implantación do PLAN
MADRUGA. O Concello de Bueu está disposto a implantar este servizo a
partir do mes de outubro, se existe unha demanda real e permanente.
Dende
o día 15 ata o 23 de setembro,
ábrese a inscrición aos pais que realmente o necesiten. Pódese descargar a ficha de inscrición máis abaixo.
Existen
dúas únicas posibilidades de anotarse: cubrindo os datos e
entregando o impreso na secretaria do centro (antes do 23 de setembro); e o
correo do ANPA anpaapedra@hotmail.com
18 de set. de 2011
DOAZÓN DE XOGUETES PARA O COMEDOR
Na última asemblea da ANPA, ante a necesidade de dotar ao comedor de material para xogos, xurdeu a idea de recorrer á doazón de xogos e xoguetes por parte das familias.
8 de set. de 2011
Nº de conta bancaria
Coa fusión das caixas cambiáronos o nº de conta, xa o tendes actualizado na pestana "faite soci@".
13 de ago. de 2011
INSTALACIÓN DE TARIMA FLOTANTE NO COMEDOR
A ANPA está colocando un piso novo de tarima no comedor. Precísanse VOLUNTARIOS/AS para axudar na instalación. No caso de poder axudar chamade ao teléfono da ANPA: 608-521-190
2 de xul. de 2011
LIBROS DE TEXTO EN PRÉSTAMO
Informámosvos que o vindeiro MÉRCORES 6 DE XULLO, de 17:00 a 19:00 horas, na aula polivalente do colexio, procederase a entrega dos libros de texto en préstamo ás persoas que previamente o solicitaron. As adxudicacións dos lotes fixéronse en función dos seguintes criterios:
- Primeiro: ser socio/a da ANPA.
- Segundo: ter feito doazón de libros.
Inda quedan sen adxudicar libros de matemáticas de 3º e de 4º curso, e libros soltos de 5º curso. Ás persoas interesadas deben poñerse en contacto coa ANPA ou acudir o mércores 6 ao colexio no horario indicado.
8 de maio de 2011
10 de abr. de 2011
menú do mes de abril
xa tendes dispoñible o menú deste mes na correspondente sección da páxina do comedor escolar. desculpade a demora.
1 de feb. de 2011
Chándal novo
A partir do 15 de febreiro estará a venta en Deportes Caíño e en Xoaniña. Se queredes velo está exposto no colexio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)