Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2011

MAGOSTO SAMAÍN SUSPENDIDO POLO MAL TEMPO

Non houbo máis remedio que deixalo para outro día, o primeiro que faga bo tempo. Estade atentos/as á nota que vos mandaremos polos vosos fillos/as. En principio contamos con facelo a final desta semana...

MAGOSTO SAMAÍN (recortado)

Coma o ano pasado, en colaboración coa federación das ANPA e o Concello, imos organizar un MAGOSTO-SAMAÍN o vindeiro luns 31 de outubro a partir das 17:00 h. na Praza do Concello. Ademais da exposición de cabazas e o reparto de castañas, realizaranse as seguintes actividades, aproveitando ao mesmo tempo a xornada lúdica para protestar polos recortes ao ensino público: - Escenificación dun “enterro do ensino público”, con cadaleito incluído. Para isto podedes levar velas e capirotes. - Colocación de tesoiras xigantes polo recinto, previamente confeccionadas nas casas polas familias que vos animedes. - Obradoiros de tesoiras e de pantasmas. Hai que levar cartón ou cartolina para o primeiro, tea o sabas para o outro e tesoiras en ámbolos dous casos. - Actuación do grupo de danzas Antoxo de Bueu. MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO AQUÍ

FICHA MENIÑOS DO MORRAZO

Podedes descargala na páxina das actividades extraescolares.

AMPLIACIÓN EXTRAESCOLARES

Na pestana das actividades extraescolares tendes subida a nota que levaron hoxe os/as rapaces/zas.