Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2010

ACTIVIDADES DIVERSIFICADAS TODA A SEMANA DE 4 A 5 DA TARDE

Imaxe
A partir do luns 25 de outubro a ANPA ofertará de maneira permanente unha hora ( 16:00 a 17.00 ) de actividades diversificadas tódolos días da semana e independentemente do número de inscricións que haxa cada día (isto quere dicir que a actividade funcionará sempre, inda que teña anotado un só neno/a). Lembrámosvos que as actividades diversificadas están pensadas para funcionar como un tempo de atención aos rapaces e rapazas, no que poderán facer as tarefas escolares, descansar, xogar, etc. Están abertas a todo o alumnado, pero gustaríanos recalcar que resultan especialmente interesantes para os/as usuarios/as do comedor , sobre todo para os/as nen@s de infantil, e de 1º e 2º de primaria, aos que non lles está permitido acudir sós á biblioteca. O prezo das actividades é de 1,35 € á hora (máis 2,50 € ao empezar, para material). Para inscribirse podedes ir directamente á actividade (aula de música) no horario de funcionamento, ou chamar ao teléfono 630-988-227 (Araceli). Aproveit

XA ESTÁ ACTUALIZADA A TÁBOA DE ACTIVIDADES

Consulta a pestana "Actividades extraescolares"

AMPLIACIÓN DA ACTIVIDADE “FALANDO INGLÉS”

MÉRCORES e VENRES 17:00 a 18:00 h. Dirixido ao alumnado do CEIP A Pedra de 3º a 6º de primaria. 10 € mes  (5 €/mes no caso de anotarse un día só). Máximo 15 nen@s por día(e 2 días por nen@). As inscricións faranse no colexio (coa ANPA) nas seguintes datas e horarios: -          martes 5 de outubro de 16 a 17 h. -          xoves 7 de outubro de 17 a 18 h. Normas da inscrición: -          cada interesado/a poderá formalizar só unha inscrición, agás no caso de irmáns. -          Pódese descargar a folla de inscrición da web, pero hai que entregarlla á ANPA no prazo e lugar indicado para que esta sexa efectiva. Nota: quedan algunhas prazas o MARTES no grupo que colle ata 2º de primaria.
Podedes descargar un resumo das normas do comedor na súa pestana.
Os/as usuarios/as do comedor xa podedes consultar a carta de benvida do Catering Arelas e mailo menú correspondente ao mes de outubro: Carta do catering Menú para o mes de outubro