ACTIVIDADES DIVERSIFICADAS TODA A SEMANA DE 4 A 5 DA TARDE


A partir do luns 25 de outubro a ANPA ofertará de maneira permanente unha hora (16:00 a 17.00) de actividades diversificadas tódolos días da semana e independentemente do número de inscricións que haxa cada día (isto quere dicir que a actividade funcionará sempre, inda que teña anotado un só neno/a).

Lembrámosvos que as actividades diversificadas están pensadas para funcionar como un tempo de atención aos rapaces e rapazas, no que poderán facer as tarefas escolares, descansar, xogar, etc. Están abertas a todo o alumnado, pero gustaríanos recalcar que resultan especialmente interesantes para os/as usuarios/as do comedor, sobre todo para os/as nen@s de infantil, e de 1º e 2º de primaria, aos que non lles está permitido acudir sós á biblioteca.

O prezo das actividades é de 1,35 € á hora (máis 2,50 € ao empezar, para material). Para inscribirse podedes ir directamente á actividade (aula de música) no horario de funcionamento, ou chamar ao teléfono 630-988-227 (Araceli).

Aproveitamos tamén para aclararlle aos pais e nais que utilizan o servizo do comedor que a partir de agora os/as rapaces/zas usuarios/as do mesmo só poderán abandonalo:
-          Ao ser recollidos polos pais ou familiares autorizados.
-          Ao ser recollidos polos monitores/as das actividades extraescolares ás que acudan.
-          Por si mesmos, cando os pais/nais asinaran a correspondente autorización para que saian sós.

Se tendes dúbidas contactar coa ANPA.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA