PLAN MADRUGA
Para asistir ao Plan Madruga é requisito imprescindible ser socio da ANPA.
Teléfonos do Catering ARELAS:
986 40 81 51 – 655 299 847
Teléfono da monitora Amalia:
639 862 250
Correo electrónico: calidad@arelas.es
HORARIO: dende as 7:30h. ata as 9:10h.
Servizo durante 2 horas con 1 monitor (máx. 15-20
nenos)
|
|
Cuota mes completo con almorzo | 50 €/mes |
Cuota mes completo sen almorzo | 45 €/mes |
Día solto con almorzo | 3 €/día |
Día solto sen almorzo | 2,50 €/día |
Servizo durante 2 horas con dúas monitoras
|
|
Cuota mes completo con almorzo | 62,50 €/mes |
Cuota mes completo sen almorzo | 57,50 €/mes |
Día solto con almorzo | 3,50 €/día |
Día solto sen almorzo | 3,00 €/día |
O Plan Madruga comeza o primeiro día de curso e remata o último.
O ALUMNADO NOVO deberá:
- Pagar a cuota da ANPA
- Cubrir unha ficha de inscrición que entregará na secretaría do centro ou á monitora do plan madruga.
- Informar na ficha de inscrición se o neno/a padece algunha alerxia ou intolerancia alimentaria achegando un informe médico e a medicación pertinente, se fose o caso.
- Unha vez inscrito o alumno, non será necesario avisar con antelación para asistir ao plan madruga . A monitora será a que anote as asistencias mensuais.
Os USUARIOS HABITUAIS confirmarán a asistencia chamando ao catering ou por correo electrónico: calidad@arelas.es
- Os pagos das mensualidades faranse nos primeiros 5 días do mes, a mes vencido.
- A devolución dun recibo non resolto en 15 días, provocará a baixa no servizo.
- O alumnado usuario do Plan Madruga , ten as mesmas obrigas durante este período de tempo que no período lectivo. Deberá comportarse de forma axeitada atendendo en todo momento as normas que aconselle o persoal.
- O non respectar estas directrices obrigará a adoptar as medidas correctoras pertinentes, adecuadas á falta cometida. As incidencias comunicaranse ás familias e de persistir na mesma actitude sancionarase coa privación temporal ou definitiva do uso do servizo.
- O persoal encargado non está autorizado para administrar medicación e queda prohibido o consumo de calquera outro alimento que non sexa proporcionado pola empresa do catering.
- Serán motivo de baixa do servizo o incumprimento das normas establecidas e o non pagamento reiterado dos recibos mensuais.