Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2010

Vacacións de Nadal e clases de inglés

O martes 21 e o mércores 22 de decembro non haberá  a actividade "Falando inglés", impartida por Hannah.

Menú de decembro

Xa podedes consultar, na páxina do comedor escolar, o menú para o mes de decembro.

CAMBIOS EN “FALANDO INGLÉS”

A actividade FALANDO INGLÉS que se viña realizando os xoves e os venres de 17:00 a 18:00 horas, cambia día e hora a partir do mes de xaneiro de 2011 , quedando como segue: @s dos XOVES pasan a ir os MARTES DE 16:00 A 17:00 H. @s dos VENRES pasan a ir os MÉRCORES DE 16:00 A 17:00 H. Sentimos as molestias que vos poida ocasionar. O venres 10 de decembro, ás 18:00 h. estaremos no colexio para aclararvos as dúbidas que teñades ao respecto deste cambio.

Xa está dispoñible o menú para o mes de novembro do comedor escolar

Consultade o apartado de descargas na pestana do comedor.

ACTIVIDADES DIVERSIFICADAS TODA A SEMANA DE 4 A 5 DA TARDE

Imaxe
A partir do luns 25 de outubro a ANPA ofertará de maneira permanente unha hora ( 16:00 a 17.00 ) de actividades diversificadas tódolos días da semana e independentemente do número de inscricións que haxa cada día (isto quere dicir que a actividade funcionará sempre, inda que teña anotado un só neno/a). Lembrámosvos que as actividades diversificadas están pensadas para funcionar como un tempo de atención aos rapaces e rapazas, no que poderán facer as tarefas escolares, descansar, xogar, etc. Están abertas a todo o alumnado, pero gustaríanos recalcar que resultan especialmente interesantes para os/as usuarios/as do comedor , sobre todo para os/as nen@s de infantil, e de 1º e 2º de primaria, aos que non lles está permitido acudir sós á biblioteca. O prezo das actividades é de 1,35 € á hora (máis 2,50 € ao empezar, para material). Para inscribirse podedes ir directamente á actividade (aula de música) no horario de funcionamento, ou chamar ao teléfono 630-988-227 (Araceli). Aproveit

XA ESTÁ ACTUALIZADA A TÁBOA DE ACTIVIDADES

Consulta a pestana "Actividades extraescolares"

AMPLIACIÓN DA ACTIVIDADE “FALANDO INGLÉS”

MÉRCORES e VENRES 17:00 a 18:00 h. Dirixido ao alumnado do CEIP A Pedra de 3º a 6º de primaria. 10 € mes  (5 €/mes no caso de anotarse un día só). Máximo 15 nen@s por día(e 2 días por nen@). As inscricións faranse no colexio (coa ANPA) nas seguintes datas e horarios: -          martes 5 de outubro de 16 a 17 h. -          xoves 7 de outubro de 17 a 18 h. Normas da inscrición: -          cada interesado/a poderá formalizar só unha inscrición, agás no caso de irmáns. -          Pódese descargar a folla de inscrición da web, pero hai que entregarlla á ANPA no prazo e lugar indicado para que esta sexa efectiva. Nota: quedan algunhas prazas o MARTES no grupo que colle ata 2º de primaria.
Podedes descargar un resumo das normas do comedor na súa pestana.
Os/as usuarios/as do comedor xa podedes consultar a carta de benvida do Catering Arelas e mailo menú correspondente ao mes de outubro: Carta do catering Menú para o mes de outubro  

MÁIS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA A PEDRA

Dende a ANPA do CEIP A Pedra vimos de ofertar tres actividades extraescolares máis, que veñen sumarse ás que xa vos propuxemos no seu día. As novas son: Martes e xoves FALANDO INGLÉS Grupo 1: de 16:00 a 17:00 h. (3 a 7 anos): 1º de infantil a 2º de primaria. Grupo 2: de 17:00 a 18:00 h. (8 a 11 anos): 3º a 6º de primaria. 10 € mes  (pódese anotar a un só día, co que sería a metade do prezo). Máximo 12 nen@s por grupo, no caso de haber moita demanda tratarse de facer outro grupo. A actividade consiste basicamente na realización de xogos destinados a practicar a expresión oral do idioma inglés. Imparte: Hanna, auxiliar de conversación en lingua inglesa do centro. Luns e mércores PATINAXE EN LIÑA 16:00 a 17:00 h. (infantil e primaria) 13 € mes  (pódese anotar a un só día, co que sería a metade do prezo). Imparte: Fernando Pastoriza Mércores INFÓRMÁTICA 16:00 a 180h. 1h.:15 €, 2h.: 18 € Imparte: Academia Noutrora As clases son no propio centro, con equipos portátiles subministrados por

NOTA IMPORTANTE

Están a disposición dos pais e nais as follas de inscrición para o servizo de comedor na secretaria, é necesario cubrir a ficha e entregala no centro, ANTES DO 28 DE SETEMBRO . O xoves 30 de setembro, celebraremos cos pais e nais que soliciten o servizo de comedor unha asemblea informativa as 20:00 no centro (sala polivalente).

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA A PEDRA CURSO 2010-2011

Consulta a pestana das actividades extraescolares.