O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR
Para poder utilizar o comedor escolar é imprescindible ser socio da ANPA.
O comedor funciona dende as 14:10 ata as 16:00; comeza o primeiro día de curso e remata o último. Para poder asistir debe encherse a correspondente solicitude de inscrición (pode collerse nesta páxina ou na secretaría do centro).
Presta o servizo a empresa Catering Arelas. Para comunicar unha alta ou unha baixa (que un/ha neno/a vai comer ou vai deixar de facelo) debe avisarse con 24 horas de antelación, é dicir antes das 14:00 do día anterior, facendo o seguinte:
- Chamar ao Catering Arelas (tl.: 655299847) ou enviarlle un mail a comercial@cateringarelas.com.
- Avisar ao profesorado para organizar a recollida dos rapaces e rapazas.
Tlf.:de Infantil 986322901. Tlf.: de Primaria 986320050.
A devolución dun recibo non resolto en 15 días, provocará a baixa no servizo.
Cando se padeza algunha alerxia de tipo alimentario achegarase un certificado médico que a especifique. Pódese chamar ao catering para calquera consulta sobre o réxime alimentario especial dos nenos e nenas.
O persoal encargado do coidado do comedor non é persoal cualificado para a administración de medicamentos.
Queda prohibido o consumo de calquera outro alimento que non sexa proporcionado pola empresa de catering.
O horario de recollida dos alumnos/as será dende as 15:30 ata as 16:00, coa excepción dos nenos/as que asisten ás actividades extraescolares, que serán recollidos o seu remate.
Formas de pagamento:
Os fixos ou fixos descontinuos: Entre o 5-10 do mes seguinte ó do uso do servizo de comedor, domiciliarase o recibo na conta indicada no impreso de inscrición. Se o recibo fose devolto polo banco, a familia terá que facer efectiva a cantidade resultante da suma do recibo devolto máis os gastos de devolución.
Os comensais esporádicos: O abono poderá ser na conta indicada no impreso ou abonalo inmediatamente co servizo.
Para máis información podedes consultar o texto das NORMAS DE FUNCIONAMENTO do comedor (descargable máis abaixo).