DESFILE ENTERRIÑO DA SARDIÑA ENTROIDO 2013


A ANPA vai participar na construción das carrozas que van tomar parte no desfile infantil do Entroido, o Enterriño da Sardiña, que vai ter lugar o vindeiro mércores 13 de febreiro.
Aqueles pais e nais que queiran colaborar deben comunicalo ao teléfono ou ao mail da ANPA e, se poden, acudir á primeira xuntanza que vai ter lugar o VENRES 1 DE FEBREIRO ás 17:30 h. no local onde se fabricarán as carrozas (un baixo na rúa CANIBELOS).
Nas carrozas irán preferentemente os fillos/fillas dos pais/nais que colaboren na construción das mesmas e que sexan de Educación Infantil ou 1º de Primaria.
Non obstante, a invitación para colaborar faise extensible a todos/as porque no grupo da ANPA irán tamén rapaces e rapazas (e maiores) a pé, convenientemente disfrazados/as do xeito que se comunicará máis adiante. Deste forma a ANPA espera poder ser merecedora dun dos premios que recompensan a participación no desfile.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA