MAGOSTO SAMAÍN (recortado)

Coma o ano pasado, en colaboración coa federación das ANPA e o Concello, imos organizar un MAGOSTO-SAMAÍN o vindeiro luns 31 de outubro a partir das 17:00 h. na Praza do Concello. Ademais da exposición de cabazas e o reparto de castañas, realizaranse as seguintes actividades, aproveitando ao mesmo tempo a xornada lúdica para protestar polos recortes ao ensino público:
- Escenificación dun “enterro do ensino público”, con cadaleito incluído. Para isto podedes levar velas e capirotes.
- Colocación de tesoiras xigantes polo recinto, previamente confeccionadas nas casas polas familias que vos animedes.
- Obradoiros de tesoiras e de pantasmas. Hai que levar cartón ou cartolina para o primeiro, tea o sabas para o outro e tesoiras en ámbolos dous casos.
- Actuación do grupo de danzas Antoxo de Bueu.

MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO AQUÍ

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA