¡NOVA DATA! MAGOSTO SAMAÍN

MAGOSTO-SAMAÍN (recortado)

¡A ver se desta vai! O MAGOSTO-SAMAÍN trasladase ao SÁBADO 5 DE NOVEMBRO a partir das 17:30 h. na Praza do Concello. Lembrámosvos que ademais dunha xornada lúdica tamén será unha oportunidade para reivindicar máis calidade e menos recortes para o ensino público. Actividades que vai haber:
- Magosto.
- Exposición de cabazas (as que resistan).
- Escenificación dun “enterro do ensino público”, con cadaleito incluído. Para isto podedes traer velas e capirotes.
- Colocación de tesoiras xigantes polo recinto, previamente confeccionadas nas casas polas familias que vos animedes.
- Obradoiros de tesoiras e de pantasmas. Hai que levar cartón ou cartolina para o primeiro, tea o sabas para o outro e tesoiras en ámbolos dous casos.
¡¡VINDE DISFRAZADOS!!
nota: en caso de mal tempo farémolo no patio cuberto do colexio A Pedra. Calquera incidencia publicarémola en tempo real na páxina www.concellodebueu.org

Organizan: ---------CONCELLO DE BUEU-----------FEDERACIÓN DAS ANPA DE BUEU------------------------

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA