PROBLEMA DA FALTA DE PRAZAS NO COLEXIO
A
ANPA vén de recibir numerosas queixas por parte das familias
afectadas pola imposibilidade de obter praza no CEIP A Pedra.
A
elección do CEIP A PEDRA está motivada sobre todo por necesidades
de conciliación da vida familiar e laboral cuxa concorrencia
converte a imposición doutro centro nun prexuízo insuperable con
consecuencias tanto sociais como económicas para as familias.
Ademais,
na práctica vai suceder que alumnado das áreas de influencia de
Cela e Beluso van poder acceder ao CEIP A Pedra, mentres que familias
que viven na área de influencia de A Pedra van verse obrigadas a
desprazarse as parroquias.
A
ANPA considera que a longo prazo a solución ao problema pasa por
dotar de máis servizos e prestacións aos centros de Cela e Beluso,
sobre todo daqueles coma o comedor escolar e o Plan Madruga que
favorezan a conciliación da vida familiar e laboral, pero tamén
considera que nestes momentos URXE darlle unha solución
satisfactoria ás familias que necesitan matricular aos seus fillos e
fillas no CEIP A Pedra.
En
consecuencia, a ANPA propón a ampliación dun aula de infantil no
CEIP A Pedra (acompañada da correspondente ampliación do persoal
docente) para dar cabida á demanda de matrícula deste ano e ofrecer
así as familias unha solución que poida satisfacer as súas
necesidades, evitando que os seus fillos e fillas resulten
discriminados nas súas posibilidades de acceso ao ensino público.
Precisamos que os pais e nais afectados que estean interesados na nosa proposta que asinen o escrito de apoio á mesma que imos enviar á Consellería nos vindeiros días. Só os dos nenos/as que quedaron sen praza, independentemente de que solicitaran o centro en primeiro ou segundo lugar.
Comentarios
Publicar un comentario