1º TORNEO ESCOLAR “PRIMAVEIRA” DE BALONMÁN NAS CATEGORÍAS BENXAMÍNS E ALEVÍNS


O Bueu Atlético Balonmán, coa colaboración da ANPA A Pedra, organiza un torneo escolar de balonmán para rapaces e rapazas nacidos/as nos anos 2001 a 2005. Colexios participantes: CEIP A PEDRA, CEIP DE BELUSO, CEIP DE CELA, COLEXIO VIRXE MILAGROSA, CEIP DE ARDÁN E CEIP DE SEIXO. O torneo desenvolverase nos pavillóns municipais de Bueu e Beluso. OS EQUIPOS PODEN SER MIXTOS.
IDADES: Benxamín (anos 2003, 2004, 2005). Alevíns (anos 2001, 2002).

INSTRUCIÓNS
- Os rapaces e rapazas anotados/as no torneo deberán acudir o día de cada partido ao PAVILLÓN MUNICIPAL DE BUEU 45 minutos antes da hora do partido, onde se fará cargo deles/as unha monitora do Bueu Atlético Balonmán.
- A recollida dos rapaces/zas por parte das familias será 45 minutos despois da hora do partido.
- Na 4ª xornada os equipos de A Pedra xogan no PAVILLÓN DE BELUSO. O Bueu Atlético Balonmán encargarase de trasladar aos xogadores/as. As familias que prefiran trasladalos polos seus medios deben comunicarllo ao Bueu atlético Balonmán.
- Os rapaces/zas deben traer a camiseta do colexio ou, se non lles é posible, unha camiseta vermella.
- En caso de dúbidas chamar aos teléfonos 600028161(Club Balonmán) ou 608521190 (ANPA).
CALENDARIO DE PARTIDOS DOS EQUIPOS DE A PEDRA (as horas indican o comezo dos partidos, lembrade que hai que estar no pavillón de Bueu 45 minutos antes). 
1ª XORNADA (venres 10 de maio) Xeixo-A Pedra (Pavillón Bueu)
BENXAMÍNS ás 19:00  ALEVÍNS non xogan
2ª XORNADA (xoves 23 de maio) A Pedra- A Torre (Pavillón Bueu)
BENXAMÍNS ás 17:00  ALEVÍNS ás 17:45
3ª XORNADA (xoves 30 de maio) Ardán-A Pedra (Pavillón Bueu)
BENXAMÍNS ás 17:00  ALEVÍNS ás 17:45
4ª XORNADA (venres 7 de xuño) A Pedra-Montemogos (Pavillón Beluso)
BENXAMÍNS ás 17:00  ALEVÍNS ás 17:45
5ª XORNADA (xoves 13 de xuño) Virxe M.-A Pedra (Pavillón Bueu)
BENXAMÍNS ás 17:00  ALEVÍNS ás 17:45

CALENDARIO COMPLETO DE PARTIDOS

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA