FOLGA XERAL DO 9 DE MAIO

A
asemblea da ANPA A Pedra, reunida o pasado 26 de abril, decidiu
apoiar a convocatoria de folga xeral no ensino público en contra da
aprobación da nova lei de educación (LOMCE). A xornada de
folga será o vindeiro XOVES 9 DE MAIO e están previstas
concentracións e actos de protesta en moitas vilas e cidades
galegas, ás máis próximas serán en Pontevedra e Vigo, ás 11:30
h., e en Cangas aś 19:00 h.
Nos enlaces de embaixo podedes acceder a máis detalles sobre as
manifestacións e tamén informarvos dos motivos que levan a
maioría das organizacións sindicais, ANPAS e en xeral colectivos
preocupados pola calidade do ensino público, a rexeitar un
anteproxecto de lei que supón un RETROCESO de máis de
corenta anos en materia de calidade e dignidade educativa,
instaurando un modelo de ensino segregador, elitista, adoutrinador,
clasista e recentralizador.
--> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es
--> www.stegsindicato.org
--> www.cig-ensino.com
--> www.ccooensino.net
--> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es
--> www.stegsindicato.org
--> www.cig-ensino.com
--> www.ccooensino.net
Comentarios
Publicar un comentario