ASEMBLEA O VENRES 26 DE ABRIL

Estes días enviarémosvos a convocatoria da asemblea de socios/as prevista para o vindeiro venres 26 ás 20:30 horas. Entre outras cousas falaremos de:
- Banco de libros para o vindeiro curso.
- Folga do día 9 de maio.
- Comedor escolar.
En relación ao comedor, acabamos de recibir un comunicado da Xunta no que se nos indica que a ANPA da Pedra foi preseleccionada no marco dun proceso de asuncións, por parte da Consellería de Educación, de comedores escolares xestionados por asociacións de nais e pais. O venres a ANPA está convocada a unha reunión en Santiago para tratar este tema, así que vos poderemos dar conta do resultado ese mesmo día na asemblea.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

POSTA EN MARCHA DO BANCO DE LIBROS