ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA
DÍA: VENRES 14 DE XUÑO 2013
HORA: 20:15 h. en primeira convocatoria
e 20.30 h. en segunda convocatoria
(se na primeira non se reúnen pais/nais
suficientes)
LUGAR: Sala Polivalente.
ORDE DO DÍA:
1- Lectura e aprobación (se procede)
da Acta anterior. (Para facilitar o desenrolo da asemblea, a acta
estará a disposición dos soci@s nos enlaces de embaixo, polo que non se
procederá a súa lectura a no ser que algún asistente o solicite).
2.- BANCO DE LIBROS. Análise do
primeiro ano de funcionamento. Proposta para o vindeiro curso. Rogos
e preguntas.
3- Informe do curso 2012-2013.
4- Renovación de cargos da Xunta
Directiva.
5- Informe económico e aprobación das
contas(se procede) do curso 2012-13.
6- Rogos e preguntas.
Todos os pais e nais do centro podedes
acudir, aínda que só os soci@s (aqueles que pagan a cota da ANPA)
poden votar nos asuntos que precisen da aprobación da asemblea.
Ao rematar a asemblea serviranse uns
"pinchos" e bebidas aos socios-as asistentes, no comedor escolar, para celebrar a
finalización do curso 2012-2013 e dar a benvida os novos
socios de
infantil e despedir os membros que para o próximo ano, os seus
fillos-as, comezan en
secundaria.
ENLACES:
ACTA 14 decembro 2012
ENLACES:
ACTA 14 decembro 2012
Comentarios
Publicar un comentario