Entroido

Coma xa fixo o ano pasado, a ANPA vai participar  no desfile infantil "Enterriño da sardiña", organizado polo Concello o mércores 22 de febreiro.
   O grupo da ANPA comporano tódolos rapaces e rapazas que queiran vir co disfrazo de Entroido que confeccionaron no colexio, e máis unha carroza que prepararemos coa axuda dos pais e das nais interesados en colaborar.
   Á carroza poderán subir en primeiro lugar os fillos e fillas, de 3 a 5 anos (infantil) das persoas que axuden a adornar a carroza, e despois os que collan.
   Estaremos coa carroza no patio do colexio o xoves 16 de 16:00 a 18:00 h., e o venres 17 a partir das 16:00 h. En caso de ter dúbidas chamade ao teléfono da ANPA ou enviade un mail.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA