APAGÓN CONTRA OS RECORTES
-->
Venres
30 de novembro
20:00
h.
Praza
Massó
A asemblea xeral da
ANPA do pasado 14 de setembro decidiu adherirse a Alianza Social de
Bueu, plataforma de protesta formada por colectivos do pobo
sensibilizados coa problemática dos recortes nos servizos públicos;
recortes que afectan tamén ao ensino e polo tanto ao dereito á
educación dos nosos fillos e fillas.
En consecuencia,
animámosvos a participar na acción de protesta que vai ter lugar o
vindeiro venres 30 de novembro, apagando as luces da casa de 20:00 a
21:00 h. e acudindo á concentración na Praza Massó ás 20:00 h.
provistos de VELAS que se acenderán simbolicamente para tratar de
iluminar o incerto futuro que nos agarda.
--> CARTEL DA CONVOCATORIA
--> CARTEL DA CONVOCATORIA
Comentarios
Publicar un comentario