XVII CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO. II MEMORIAL PACO CABANILLAS.

   O Club de atletismo "Corredoiras" de Bueu organiza o vindeiro domingo 11 de novembro a tradicional carreira de San Martiño. Os rapaces e as rapazas poden anotarse directamente no colexio (en Infantil levaron unha folla a casa para que lla cubrades). Tende en conta que este ano non se permite a inscrición o mesmo día da proba.
   O domingo, a ANPA vai colaborar co club repartindo os dorsais aos participantes do colexio.
   Sería interesante que os nenos e nenas inscritos/as levaran a camiseta ou o chándal do centro se é posible.
   Embaixo deixámosvos un enlace onde podedes consultar tódolos detalles desta proba deportiva.

--> CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO 2012

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA