Publicacións

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2011-2012

Xa podedes consultar a información correspondente a este curso na pestana das actividades.

PLAN MADRUGA

A ANPA está xestionando co Concello de Bueu a implantación do PLAN MADRUGA. O Concello de Bueu está disposto a implantar este servizo a partir do mes de outubro, se existe unha demanda real e permanente. Dende o día 15 ata o 23 de setembro , ábrese a inscrición aos pais que realmente o necesiten. Pódese descargar a ficha de inscrición máis abaixo.   Existen dúas únicas posibilidades de anotarse: cubrindo os datos e entregando o impreso na secretaria do centro (antes do 23 de setembro); e o correo do ANPA anpaapedra@hotmail.com   ficha de inscrición no plan Madruga

DOAZÓN DE XOGUETES PARA O COMEDOR

Na última asemblea da ANPA, ante a necesidade de dotar ao comedor de material para xogos, xurdeu a idea de recorrer á doazón de xogos e xoguetes por parte das familias.

Nº de conta bancaria

Coa fusión das caixas cambiáronos o nº de conta, xa o tendes actualizado na pestana "faite soci@".

INSTALACIÓN DE TARIMA FLOTANTE NO COMEDOR

A ANPA está colocando un piso novo de tarima no comedor. Precísanse VOLUNTARIOS/AS para axudar na instalación. No caso de poder axudar chamade ao teléfono da ANPA: 608-521-190

LIBROS DE TEXTO EN PRÉSTAMO

Informámosvos que o vindeiro MÉRCORES 6 DE XULLO, de 17:00 a 19:00 horas, na aula polivalente do colexio, procederase a entrega dos libros de texto en préstamo ás persoas que previamente o solicitaron. As adxudicacións dos lotes fixéronse en función dos seguintes criterios: Primeiro: ser socio/a da ANPA. Segundo: ter feito doazón de libros. Inda quedan sen adxudicar libros de matemáticas de 3º e de 4º curso, e libros soltos de 5º curso. Ás persoas interesadas deben poñerse en contacto coa ANPA ou acudir o mércores 6 ao colexio no horario indicado.

Menú de maio xa dispoñble na pestana do comedor