Publicacións

Cambios puntuais no menú de abril

Transcribimos o mail que nos acaba de enviar o catering: Estimados clientes; O vindeiro luns 16 de Abril, segundo a planilla do menú deste mes, temos de sobremesa Froita Ecolóxica. Por causa da maduración do froito vémonos na necesidade de pospoñela ata o seguinte Luns 23 de Abril. No seu lugar, servirase froita normal. Asimesmo, os días 17 e 24 de Marzo, sustituirase o segundo prato, por o seguintes: 17/03 - Pescada en salsa verde con hortalizas. 24/03 - Atún en salsa con hortalizas (Verduras e pataca) Rogamos disculpedes as molestias e agradecemos de antemán a vosa comprensión. Un saúdo

PAGAMENTOS EXCURSIÓN DE 3º CICLO

Actualizamos a táboa de pagamentos, consultádeo na pestana da excursión.

PAGAMENTOS EXCURSIÓN 3º CICLO

Xa podedes consultar os datos na pestana da excursión.

MENÚ MARZO XA DISPOÑIBLE

Podedes velo coma sempre na páxina do comedor

Entroido

Coma xa fixo o ano pasado, a ANPA vai participar  no desfile infantil "Enterriño da sardiña", organizado polo Concello o mércores 22 de febreiro.    O grupo da ANPA comporano tódolos rapaces e rapazas que queiran vir co disfrazo de Entroido que confeccionaron no colexio, e máis unha carroza que prepararemos coa axuda dos pais e das nais interesados en colaborar.    Á carroza poderán subir en primeiro lugar os fillos e fillas, de 3 a 5 anos (infantil) das persoas que axuden a adornar a carroza, e despois os que collan.    Estaremos coa carroza no patio do colexio o xoves 16 de 16:00 a 18:00 h., e o venres 17 a partir das 16:00 h. En caso de ter dúbidas chamade ao teléfono da ANPA ou enviade un mail.

ASEMBLEA XERAL VENRES 2 DE DECEMBRO

A asemblea convócase para as 20:15 horas do venres 2 de decembro. Nas seguintes ligazóns podedes atopar o texto da convocatoria así coma as últimas actas, correspondentes ás asembleas anteriores, e mais unha información sobre o Plan Madruga. --> CONVOCATORIA -->ACTA DO 21/10/2011 -->ACTA DO 16/9/2011 -->INFORME PLAN MADRUGA

EXCURSIÓN: TABOA DE PREZOS PARA A VENDA DE DOCES

Podedes descargar o documento no seguinte enlace: prezos