Publicacións populares deste blog
BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA
A ANPA do IES Johán Carballeira está intentando poñer en marcha un BANCO DE LIBROS semellante ao que funciona dende o ano pasado no noso centro. As familias con alumnado que vaia para 1º da ESO podedes acudir á ASEMBLEA xeral que se celebrará o vindeiro XOVES 13 de XUÑO, ás 20:30 h., no salón de actos do instituto. É importante que acudades, ou que lle fagades saber a ANPA do voso interese polo Banco de Libros, xa que de non ter suficientes socios/as dispostos a integrarse este non poderá levarse a cabo. Nos enlaces de embaixo tendes máis información sobre as condicións da inscrición no Banco de Libros e maila convocatoria da asemblea do xoves. A folla di inscrición no Banco pódese entregar ata o día da asemblea. Información e folla inscrición no Banco de Libros Convocatoria da Asemblea Xeral da ANPA do IES J. Carballeira Contactos da ANPA do IES J. Carballeira: Tlf.: 698147557 Mail: anpa.johan.carballeira@gmail.com
Achegamos o enlace para poder recibir o carné dixital da Anpa. As preguntas marcadas con asterisco son obrigatorias e se non se contestan non nos deixa avanzar no mesmo. Unha vez cuberto e enviado o formulario recibiredes no correo unha copia das vosas respostas. Pasados uns días recibiredes o carné por whatsapp ou correo electrónico. Grazas!! Carné Dixital
Creo que se os pasó colgar el archivo de noviembre.
ResponderEliminarfoi un problema técnico con blogger, hoxe parece que poderemos facelo
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
Eliminar