Publicacións

PAGAMENTOS EXCURSIÓN 3º CICLO

Xa podedes consultar os datos na pestana da excursión.

MENÚ MARZO XA DISPOÑIBLE

Podedes velo coma sempre na páxina do comedor

Entroido

Coma xa fixo o ano pasado, a ANPA vai participar  no desfile infantil "Enterriño da sardiña", organizado polo Concello o mércores 22 de febreiro.    O grupo da ANPA comporano tódolos rapaces e rapazas que queiran vir co disfrazo de Entroido que confeccionaron no colexio, e máis unha carroza que prepararemos coa axuda dos pais e das nais interesados en colaborar.    Á carroza poderán subir en primeiro lugar os fillos e fillas, de 3 a 5 anos (infantil) das persoas que axuden a adornar a carroza, e despois os que collan.    Estaremos coa carroza no patio do colexio o xoves 16 de 16:00 a 18:00 h., e o venres 17 a partir das 16:00 h. En caso de ter dúbidas chamade ao teléfono da ANPA ou enviade un mail.

ASEMBLEA XERAL VENRES 2 DE DECEMBRO

A asemblea convócase para as 20:15 horas do venres 2 de decembro. Nas seguintes ligazóns podedes atopar o texto da convocatoria así coma as últimas actas, correspondentes ás asembleas anteriores, e mais unha información sobre o Plan Madruga. --> CONVOCATORIA -->ACTA DO 21/10/2011 -->ACTA DO 16/9/2011 -->INFORME PLAN MADRUGA

EXCURSIÓN: TABOA DE PREZOS PARA A VENDA DE DOCES

Podedes descargar o documento no seguinte enlace: prezos

¡NOVA DATA! MAGOSTO SAMAÍN

MAGOSTO-SAMAÍN ( recortado ) ¡A ver se desta vai! O MAGOSTO-SAMAÍN trasladase ao SÁBADO 5 DE NOVEMBRO a partir das 17:30 h. na Praza do Concello . Lembrámosvos que ademais dunha xornada lúdica tamén será unha oportunidade para reivindicar máis calidade e menos recortes para o ensino público. Actividades que vai haber: - Magosto. - Exposición de cabazas (as que resistan). - Escenificación dun “enterro do ensino público”, con cadaleito incluído. Para isto podedes traer velas e capirotes. - Colocación de tesoiras xigantes polo recinto, previamente confeccionadas nas casas polas familias que vos animedes. - Obradoiros de tesoiras e de pantasmas. ...

MENÚ NOVEMBRO

Podedes consultalo xa na pestana do comedor.