Publicacións

MENÚ MARZO

Xa podedes consultar os menús do mes de marzo na páxina do comedor.

DESFILE ENTERRIÑO DA SARDIÑA ENTROIDO 2013

A ANPA vai participar na construción das carrozas que van tomar parte no desfile infantil do Entroido, o Enterriño da Sardiña, que vai ter lugar o vindeiro mércores 13 de febreiro. Aqueles pais e nais que queiran colaborar deben comunicalo ao teléfono ou ao mail da ANPA e, se poden, acudir á primeira xuntanza que vai ter lugar o VENRES 1 DE FEBREIRO ás 17:30 h. no local onde se fabricarán as carrozas (un baixo na rúa CANIBELOS). Nas carrozas irán preferentemente os fillos/fillas dos pais/nais que colaboren na construción das mesmas e que sexan de Educación Infantil ou 1º de Primaria. Non obstante, a invitación para colaborar faise extensible a todos/as porque no grupo da ANPA irán tamén rapaces e rapazas (e maiores) a pé, convenientemente disfrazados/as do xeito que se comunicará máis adiante. Deste forma a ANPA espera poder ser merecedora dun dos premios que recompensan a participación no desfile.

MENÚ XANEIRO

Xa o tendes dispoñible no apartado do comedor.

CABALGATA DOS REIS MAGOS

Coma en anos anteriores, a ANPA vai participar na construción das carrozas que transportarán aos Reis Magos de Oriente o vindeiro 5 de xaneiro polas rúas do pobo. Aqueles pais e nais que queiran colaborar deben comunicalo ao teléfono ou ao mail da ANPA e, se poden, acudir á primeira xuntanza que vai ter lugar o VENRES 21 DE DECEMBRO ás 17:00 h. no local onde se fabricarán as carrozas (un baixo na rúa CANIBELOS). Lembrámosvos que as fillas e fillos dos pais/nais poderán, se o desexan, acompañar aos Reis Magos no seu transporte o día do desfile. E ste ano a idea é que sexan as distintas ANPAS dos colexios de Bueu as que se encarguen das carrozas, de xeito que t raballaremos todos nas de todos, para aproveitar recursos materiais e humanos.

ASEMBLEA VENRES 14 DE DECEMBRO

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA DO CEIP “A PEDRA” DE BUEU DÍA: VENRES 14 DE DECEMBRO DO 2012 HORA: 20:15 h. en primeira convocatoria e 20:30 h. en segunda convocatoria (se na primeira non se reúnen pais suficientes) LUGAR: Nova Sala Polivalente do Centro CEIP “A Pedra” ORDE DO DÍA: 1.- Lectura e aprobación (se procede) das actas anteriores (pódense consultar as actas nos enlaces de embaixo). 2.- Informe do presidente. Novos cargos da xunta directiva. 3.- Informe económico e aprobación (se procede) do curso 2012-2013. 4.- Información do Plan Madruga e Comedor Escolar. 5.- Rogos e preguntas. ACTA DA ASEMBLEA DO 11/5/12 ACTA DA ASEMBLEA DO 14/9/12

Menú decembro

Xa se pode consultar o menú do comedor para o mes de decembro. Desculpade a demora en subilo.

APAGÓN CONTRA OS RECORTES

--> Venres 30 de novembro 20:00 h. Praza Massó A asemblea xeral da ANPA do pasado 14 de setembro decidiu adherirse a Alianza Social de Bueu, plataforma de protesta formada por colectivos do pobo sensibilizados coa problemática dos recortes nos servizos públicos; recortes que afectan tamén ao ensino e polo tanto ao dereito á educación dos nosos fillos e fillas. En consecuencia, animámosvos a participar na acción de protesta que vai ter lugar o vindeiro venres 30 de novembro, apagando as luces da casa de 20:00 a 21:00 h. e acudindo á concentración na Praza Massó ás 20:00 h. provistos de VELAS que se acenderán simbolicamente para tratar de iluminar o incerto futuro que nos agarda. --> CARTEL DA CONVOCATORIA