Publicacións

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA DO 26 DE ABRIL

 Podedes descargar aquí o texto da convocatoria: --> Convocatoria En relación ao tema da folga do día 9 de maio, deixamos os seguintes enlaces a páxinas dalgunhas entidades convocantes para que poidades informarvos: --> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es --> www.stegsindicato.org --> www.cig-ensino.com --> www.ccooensino.net

ASEMBLEA O VENRES 26 DE ABRIL

Estes días enviarémosvos a convocatoria da asemblea de socios/as prevista para o vindeiro venres 26 ás 20:30 horas. Entre outras cousas falaremos de: - Banco de libros para o vindeiro curso. - Folga do día 9 de maio. - Comedor escolar. En relación ao comedor, acabamos de recibir un comunicado da Xunta no que se nos indica que a ANPA da Pedra foi preseleccionada no marco dun proceso de asuncións, por parte da Consellería de Educación, de comedores escolares xestionados por asociacións de nais e pais. O venres a ANPA está convocada a unha reunión en Santiago para tratar este tema, así que vos poderemos dar conta do resultado ese mesmo día na asemblea.

BANCO DE LIBROS

Vai empezar a funcionar o Banco de libros para o curso que vén. Estes días os/as rapaces/zas levarán á casa a folla informativa e de inscrición que podedes descargar no enlace de embaixo. BANCO DE LIBROS DA ANPA A PEDRA

GOTEIRAS E ASCENSOR

    Os caldeiros non foron bastante, a auga campou ás súas anchas nas novas instalacións do colexio, ameazando con afectar a equipamentos e persoas. Hai un par de semanas remitimos un escrito á Consellería de Educación onde ademais de lembrarlle o seu compromiso de poñer en marcha o ascensor (aínda sen estrear), facíase fincapé en que había que resolver o problema das goteiras.     Con respecto ás goteiras hai que dicir que a Consellería arranxou as do ximnasio, pero na parte nova do edificio a situación agravouse nos últimos meses, chegando a ser totalmente insostible, con auga caendo sobre a Secretaría, enriba de ordenadores, impresoras, documentación...     Diante da falta de resposta por parte da administración decidimos enviar un comunicado á prensa o xoves pasado, e onte xa empezaron a traballar na cuberta para arranxar o problema.     Agora falta o tema do ascensor. Dende a ANPA parécenos que ten que empezar a fun...

MEŃU ABRIL

Xa o tendes dispoñible na páxina do comedor. Esta vez subimos os tres menús comprimidos nun arquivo formato zip ao que podedes acceder pinchando en "MENÚS ABRIL".

MENÚ MARZO

Xa podedes consultar os menús do mes de marzo na páxina do comedor.

DESFILE ENTERRIÑO DA SARDIÑA ENTROIDO 2013

A ANPA vai participar na construción das carrozas que van tomar parte no desfile infantil do Entroido, o Enterriño da Sardiña, que vai ter lugar o vindeiro mércores 13 de febreiro. Aqueles pais e nais que queiran colaborar deben comunicalo ao teléfono ou ao mail da ANPA e, se poden, acudir á primeira xuntanza que vai ter lugar o VENRES 1 DE FEBREIRO ás 17:30 h. no local onde se fabricarán as carrozas (un baixo na rúa CANIBELOS). Nas carrozas irán preferentemente os fillos/fillas dos pais/nais que colaboren na construción das mesmas e que sexan de Educación Infantil ou 1º de Primaria. Non obstante, a invitación para colaborar faise extensible a todos/as porque no grupo da ANPA irán tamén rapaces e rapazas (e maiores) a pé, convenientemente disfrazados/as do xeito que se comunicará máis adiante. Deste forma a ANPA espera poder ser merecedora dun dos premios que recompensan a participación no desfile.