Publicacións
Mostrando publicacións desta data: 2013
FESTA DE SAMAIN
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
MAGOSTO-SAMAÍN DAS ANPAS 2013 Xoves 31 de outubro ás 17:00 h., na Praza Massó A Federación das ANPA de Bueu (constituída por tódalas ANPA dos colexios do pobo) organiza outro ano máis un MAGOSTO-SAMAÍN o vindeiro xoves 31 de outubro, a partir das 17:00 h., na Praza Massó (os pais e nais que desexen colaborar na preparación da festa, sobre todo para picar as castañas, poden achegarse ao redor das 16:00 h). Haberá actividades de animación para os rapaces e rapazas, e castañas para todo o mundo. Non vos esquezades de traer as vosas CABAZAS DE SAMAÍN para facer a tradicional e fantasmagórica exposición no medio da praza. Colabora na organización o Concello de Bueu. Nota: Inda que dá bo tempo, se ao final empeorase, cambiariamos para o sábado 2 de novembro á mesma hora.
SOBRE O EQUIPAMENTO DEPORTIVO E PARA AS SAÍDAS ESCOLARES
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
PUBLICADA ACTA DA 1º ASAMBLEA DO CURSO 2013-2014
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN DA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Modificacións en actividades, pica nesa entrada
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Nova entrada excursión. Informate!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
BANCO DE LIBROS ANPA "A PEDRA"
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Os pais e nais socios do banco poden devolver os libros do curso 2012-13 e realizar a reserva para o curso 2013-14 este venres 21 de xuño de 16:00 a 18:30, na sala polivalente . Os pais e nais que cedan gratuitamente os libros ó banco de libros pódenos entregar ese mesmo día, os que se anotaron ó cambio de libros de 5º e 6º por cheque de material escolar recibirán un correo a próxima semana para fixar o importe e a data de entrega aos socios que ese dia non poidan devolver os libros poden chamar ó teléfono do anpa 608-521-190 o enviar un correo anpaapedra@ hotmail.com para fixar outra data de entrega . O xoves 27 de xuño ás 20:00 h.: Asemblea banco de libros na sala polivalente do C.E.I.P “A Pedra” na que se fixará: - Cota definitiva de cada socio. - Data limite de pago - Achega do cheque da Xunta - Librería de compra. - Importe do cheque-material. - Data entrega de libros. Máis información e a folla de inscrición na pestana do BANCO DE LIBROS.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
DÍA: VENRES 14 DE XUÑO 2013 HORA: 20:15 h. en primeira convocatoria e 20.30 h. en segunda convocatoria (se na primeira non se reúnen pais/nais suficientes) LUGAR: Sala Polivalente. ORDE DO DÍA: 1- Lectura e aprobación (se procede) da Acta anterior. (Para facilitar o desenrolo da asemblea, a acta estará a disposición dos soci@s nos enlaces de embaixo, polo que non se procederá a súa lectura a no ser que algún asistente o solicite). 2.- BANCO DE LIBROS. Análise do primeiro ano de funcionamento. Proposta para o vindeiro curso. Rogos e preguntas. 3- Informe do curso 2012-2013. 4- Renovación de cargos da Xunta Directiva. 5- Informe económico e aprobación das contas(se procede) do curso 2012-13. 6- Rogos e preguntas. Todos os pais e nais do centro podedes acudir, aínda que só os soci@s (aqueles que pagan a cota da ANPA) poden votar nos asuntos que precisen da aprobación da asemblea. Ao rematar a asemblea serviranse uns "pinchos
BANCO DE LIBROS DO IES JOHÁN CARBALLEIRA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A ANPA do IES Johán Carballeira está intentando poñer en marcha un BANCO DE LIBROS semellante ao que funciona dende o ano pasado no noso centro. As familias con alumnado que vaia para 1º da ESO podedes acudir á ASEMBLEA xeral que se celebrará o vindeiro XOVES 13 de XUÑO, ás 20:30 h., no salón de actos do instituto. É importante que acudades, ou que lle fagades saber a ANPA do voso interese polo Banco de Libros, xa que de non ter suficientes socios/as dispostos a integrarse este non poderá levarse a cabo. Nos enlaces de embaixo tendes máis información sobre as condicións da inscrición no Banco de Libros e maila convocatoria da asemblea do xoves. A folla di inscrición no Banco pódese entregar ata o día da asemblea. Información e folla inscrición no Banco de Libros Convocatoria da Asemblea Xeral da ANPA do IES J. Carballeira Contactos da ANPA do IES J. Carballeira: Tlf.: 698147557 Mail: anpa.johan.carballeira@gmail.com
PROBLEMA DA FALTA DE PRAZAS NO COLEXIO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A ANPA vén de recibir numerosas queixas por parte das familias afectadas pola imposibilidade de obter praza no CEIP A Pedra. A elección do CEIP A PEDRA está motivada sobre todo por necesidades de conciliación da vida familiar e laboral cuxa concorrencia converte a imposición doutro centro nun prexuízo insuperable con consecuencias tanto sociais como económicas para as familias.
A ASEMBLEA DECIDE QUE SIGA A ANPA CO COMEDOR
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A asemblea xeral da ANPA A Pedra, reunida o 14 de maio, decidiu por unanimidade dos asistentes rexeitar a oferta da Xunta de asumir a xestión do comedor escolar e seguir facéndoo a ANPA como ata o de agora. Á hora de tomar esta decisión, os pais e nais valoraron sobre todo a necesidade de poder garantir a existencia de prazas suficientes para poder cubrir tanto a demanda actual coma a potencial do servizo, estremo este que a Xunta deixaba no aire, non comprometendo máis que corenta prazas.
A XUNTA QUERE XESTIONAR O COMEDOR DA PEDRA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O vindeiro martes 14 de maio, ás 20:30 h., a ANPA A Pedra convoca unha reunión extraordinaria e urxente para decidir se acepta ou rexeita a oferta da Consellería de Educación de asumir a xestión do comedor escolar posto en marcha pola asociación de nais e pais no ano 2010. Hai un par de semanas, a Consellería enviou un escrito ás ANPA que xestionaban comedores escolares con menos de 90 usuarios/as, para convocalos a unha reunión, o 26 de abril, na que se lles propuxo o traspaso da xestión ás mans da Xunta. A ANPA impulsou no seu momento o comedor escolar porque non había quen o fixera, pero
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA E URXENTE
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
DÍA: MARTES 14 DE MAIO 2013. HORA: 20:15 h. en primeira convocatoria e 20.30 h. en segunda convocatoria (se na primeira non se reúnen nais e pais suficientes). LUGAR : Sala Polivalente. ORDE DO DÍA: PUNTO ÚNICO.- Aceptación ou rexeitamento da proposta da Consellería de Educación de asumir a xestión do comedor escolar. Nota: Dada a transcendencia da decisión que se adopte para o futuro do comedor escolar pregámosvos a máxima participación na asemblea. Pódense consultar os detalles da proposta da Consellería n as ligazóns de embaixo. A documentación tamén estará exposta no taboleiro de anuncios do colexio. Carta da Consellería convocando á ANPA a unha reunión Documentación presentada na reunión Resumo da proposta da Consellería
1º TORNEO ESCOLAR “PRIMAVEIRA” DE BALONMÁN NAS CATEGORÍAS BENXAMÍNS E ALEVÍNS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O Bueu Atlético Balonmán, coa colaboración da ANPA A Pedra, organiza un torneo escolar de balonmán para rapaces e rapazas nacidos/as nos anos 2001 a 2005. Colexios participantes: CEIP A PEDRA, CEIP DE BELUSO, CEIP DE CELA, COLEXIO VIRXE MILAGROSA, CEIP DE ARDÁN E CEIP DE SEIXO. O torneo desenvolverase nos pavillóns municipais de Bueu e Beluso. OS EQUIPOS PODEN SER MIXTOS. IDADES: Benxamín (anos 2003, 2004, 2005). Alevíns (anos 2001, 2002). INSTRUCIÓNS - Os rapaces e rapazas anotados/as no torneo deberán acudir o día de cada partido ao PAVILLÓN MUNICIPAL DE BUEU 45 minutos antes da hora do partido, onde se fará cargo deles/as unha monitora do Bueu Atlético Balonmán. - A recollida dos rapaces/zas por parte das familias será 45 minutos despois da hora do partido. - Na 4ª xornada os equipos de A Pedra xogan no PAVILLÓN DE BELUSO. O Bueu Atlético Balonmán encargarase de trasladar aos xogadores/as. As familias que prefiran trasladalos polos seus medios deben com
FOLGA XERAL DO 9 DE MAIO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A asemblea da ANPA A Pedra, reunida o pasado 26 de abril, decidiu apoiar a convocatoria de folga xeral no ensino público en contra da aprobación da nova lei de educación ( LOMCE) . A xornada de folga será o vindeiro XOVES 9 DE MAIO e están previstas concentracións e actos de protesta en moitas vilas e cidades galegas, ás máis próximas serán en Pontevedra e Vigo, ás 11:30 h., e en Cangas aś 19:00 h. Nos enlaces de embaixo podedes acceder a máis detalles sobre as manifestacións e tamén informarvos dos motivos que levan a maioría das organizacións sindicais, ANPAS e en xeral colectivos preocupados pola calidade do ensino público, a rexeitar un anteproxecto de lei que supón un RETROCESO de máis de corenta anos en materia de calidade e dignidade educativa, instaurando un modelo de ensino segregador, elitista, adoutrinador, clasista e recentralizador. --> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es --> www.stegsindicato.org --> www.cig-ensi
CONVOCATORIA DA ASEMBLEA DO 26 DE ABRIL
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Podedes descargar aquí o texto da convocatoria: --> Convocatoria En relación ao tema da folga do día 9 de maio, deixamos os seguintes enlaces a páxinas dalgunhas entidades convocantes para que poidades informarvos: --> plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es --> www.stegsindicato.org --> www.cig-ensino.com --> www.ccooensino.net
ASEMBLEA O VENRES 26 DE ABRIL
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Estes días enviarémosvos a convocatoria da asemblea de socios/as prevista para o vindeiro venres 26 ás 20:30 horas. Entre outras cousas falaremos de: - Banco de libros para o vindeiro curso. - Folga do día 9 de maio. - Comedor escolar. En relación ao comedor, acabamos de recibir un comunicado da Xunta no que se nos indica que a ANPA da Pedra foi preseleccionada no marco dun proceso de asuncións, por parte da Consellería de Educación, de comedores escolares xestionados por asociacións de nais e pais. O venres a ANPA está convocada a unha reunión en Santiago para tratar este tema, así que vos poderemos dar conta do resultado ese mesmo día na asemblea.
GOTEIRAS E ASCENSOR
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Os caldeiros non foron bastante, a auga campou ás súas anchas nas novas instalacións do colexio, ameazando con afectar a equipamentos e persoas. Hai un par de semanas remitimos un escrito á Consellería de Educación onde ademais de lembrarlle o seu compromiso de poñer en marcha o ascensor (aínda sen estrear), facíase fincapé en que había que resolver o problema das goteiras. Con respecto ás goteiras hai que dicir que a Consellería arranxou as do ximnasio, pero na parte nova do edificio a situación agravouse nos últimos meses, chegando a ser totalmente insostible, con auga caendo sobre a Secretaría, enriba de ordenadores, impresoras, documentación... Diante da falta de resposta por parte da administración decidimos enviar un comunicado á prensa o xoves pasado, e onte xa empezaron a traballar na cuberta para arranxar o problema. Agora falta o tema do ascensor. Dende a ANPA parécenos que ten que empezar a funcionar xa, así que nos próximos días iniciaremos unha
DESFILE ENTERRIÑO DA SARDIÑA ENTROIDO 2013
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A ANPA vai participar na construción das carrozas que van tomar parte no desfile infantil do Entroido, o Enterriño da Sardiña, que vai ter lugar o vindeiro mércores 13 de febreiro. Aqueles pais e nais que queiran colaborar deben comunicalo ao teléfono ou ao mail da ANPA e, se poden, acudir á primeira xuntanza que vai ter lugar o VENRES 1 DE FEBREIRO ás 17:30 h. no local onde se fabricarán as carrozas (un baixo na rúa CANIBELOS). Nas carrozas irán preferentemente os fillos/fillas dos pais/nais que colaboren na construción das mesmas e que sexan de Educación Infantil ou 1º de Primaria. Non obstante, a invitación para colaborar faise extensible a todos/as porque no grupo da ANPA irán tamén rapaces e rapazas (e maiores) a pé, convenientemente disfrazados/as do xeito que se comunicará máis adiante. Deste forma a ANPA espera poder ser merecedora dun dos premios que recompensan a participación no desfile.